SALUD
Unha clínica dental de Tui realiza unha intervención cirúrxica de reconstrución do maxilar pioneira en Galicia
Trátase dunha técnica importada da cirurxía maxilofacial que habitualmente se utiliza para a reconstrución ósea de persoas que sufriron accidentes de tráfico e para enfermos oncolóxicos
Na clínica Odontoloxía Avanzada Martínez & De Castro realizouse a unha paciente, o pasado martes 7 de xuño, unha intervención cirúrxica pioneira en Galicia. Esta operación serviu, ademais, para inaugurar o quirófano da clínica, que conta cun equipamento avanzado de alta tecnoloxía do que non dispón ningunha outra clínica odontolóxica da comarca.
Trátase do implante dunha prótese de titanio, feita a medida utilizando a impresión en 3D, para reconstruír o maxilar dunha paciente. É unha técnica que se emprega con frecuencia en cirurxía maxilofacial para grandes reconstrucións en traumatismos derivados de accidentes de tráfico ou en enfermos oncolóxicos que perderon o maxilar ou partes óseas importantes, mais non se utilizaba no campo da odontoloxía.
“É unha técnica totalmente novidosa, enfocada sobre todo a pacientes co óso moi deteriorado ou que non teñen dentes desde hai moito tempo. Falamos de pacientes que foron sometidos a innumerables tratamentos falidos, porque as técnicas convencionais de inxerto de óso son moi invasivas e imprecisas. Requiren de donantes, que ás veces pode ser o propio paciente, ou mesmo de empregar ósos de cadáveres. E o paciente debe someterse a varias cirurxías, polo que o proceso se alonga demasiado no tempo”, explica o cirurxián vigués e socio da clínica, Diego Martínez, o encargado de realizar a operación.
Pola contra, indica, este pioneiro implante de titanio está feito “100% a medida de cada paciente”, polo que cada prótese é unha “patente exclusiva que non vale para outros pacientes”.
O cirurxián vigués Diego Martínez destaca as vantaxes desta técnica: “O implante deséñase en 3D a medida para cada paciente e ofrece unha solución a quen tiveron varias cirurxías infrutuosas”
“Importamos a técnica da cirurxía maxilofacial, xa que até o de agora cinguíase ao ámbito hospitalario, e nin esta técnica nin un quirófano como o que temos nós, téñeno a meirande parte das clínicas odontolóxicas. Normalmente, operan nos mesmos gabinetes nos que traballan habitualmente, pero esta técnica require, tanto dos medios técnicos que aquí temos, como da experiencia e profesionalidade do doutor”, engade.
Martínez, de nai odontóloga e pai protésico, criouse entre dentes “desde os 12 anos”. Conta cunha ampla experiencia e formación que, a través da súa clínica, tenta transmitir ás novas xeracións. Así, esta dispón dunha sala de formación anexa ao gabinete de quirófano, a fin de poder seguir en directo as intervencións, algo innovador en Galicia.
Na clínica tudense aplicarase esta técnica a unha muller que apenas tiña óso. O motivo foi o deterioro provocado por tres intervencións cirúrxicas realizadas noutra clínica na que se colocaron ata 15 implantes cun resultado infrutuoso. “Sentía moita dor e non atopaba solución ningunha. Chegou a sufrir unha depresión”, afirma Martínez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126