Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 09 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos conta xa con 60 inscritos na listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida

Continuará activa para que todos os interesados poidan anotarse. O Concello tramitará xa estas primeiras solicitudes no rexistro oficial autonómico de Vivenda Protexida de Galicia para que a Xunta inicie os trámites pertinentes

Desde o pasado 1 de xuño, data na que o Concello de Mos abriu a listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida, xa hai inscritos 60 veciños e veciñas interesados en optar a esta futura oportunidade residencial no municipio.

 

A listaxe municipal continuará activa para que se anote toda a veciñanza que o desexe e con estos 60 xa incritos procederase a formalizar inscrición no rexistro oficial autonómico de Vivenda Protexida de Galicia para que a Xunta inicie os trámites pertinentes a este respecto.

 

Nesta listaxe municipal poden apuntarse as persoas que desexen solicitar este tipo de inmobles incluídos no proxecto de impulso da vivenda protexida no Concello.

 

A listaxe municipal de demandantes de vivendas está xestionada polos servizos municipais e nela poden inscribirse os cidadáns interesados en solicitar o acceso a algunha das futuras vivendas que se desenvolvan a partir do proxecto do Concello.

 

Cómpre lebrar que a finais do pasado mes de maio o director xeral do IGVS, Heriberto García Porto, e a alcaldesa, Nidia Arévalo, acompañados de varios técnicos municipais, reuníronse para estudar as posibilidades en materia residencial. Durante a xuntanza, Xunta e Concello de Mos, analizaron as alternativas para desenvolver vivendas protexidas no municipio.


Durante a reunión, continuación da mantida o pasado mes de marzo, analizáronse posibles alternativas de solo para a construción de vivendas protexidas en Mos, tanto de promoción pública como privada. A tal fin, estudáronse diferentes posibilidades de novos desenvolvementos de solo residencial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.