Viernes, 08 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 22:16:27 horas

Xornal21.es
Sábado, 11 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Tourist Inside”, recoñecido co premio Tourist 2022 á innovación da oferta turística

Na Gala celebrada en Benidorm, AMETIC, patronal da industria dixital española, destacou a importancia do proxecto para mellorar a oferta turística grazas ao emprego das tecnoloxías

Avanzar na transformación da provincia de Pontevedra como Destino Turístico Intelixente é o obxectivo do proxecto “Tourist Inside”, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, e que vén de recibir o Premio Digital Tourist 2022 na categoría de Innovación da Oferta Turística de man de AMETIC, a patronal da industria dixital en España. A deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, recibiu o galardón en nome da institución provincial na gala que tivo lugar esta tarde no concello de Benidorm e que contou coa presenza de autoridades como o Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés.

 

Trátase da IV edición destes galardóns, que cada ano identifican, valoran e recoñecen os mellores proxectos e experiencias da aplicación das tecnoloxías dixitais no ámbito do turismo. O xurado, presidido polo secretario de Estado de Turismo, e do que forman parte outros once membros destacables do ámbito público e privado, como o presidente de SEGITTUR, o alcalde de Benidorm, a Fundación ONCE ou o Consello de Turismo da CEOE, entre outros, decidiu galardoar ao proxecto “Tourist Inside” pola súa importancia á hora de mellorar a oferta turística do destino mediante o emprego intensivo das tecnoloxías dixitais que axudan a xerar novos produtos.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou a súa ledicia “por un premio tan importante que nos volve a situar como referencia no Estado e que mostra que estamos a facer ben as cousas”. A presidenta sinalou que “levamos tempo facendo moitos esforzos na Deputación para converter á provincia nun destino intelixente cun modelo de colaboración en rede e este galardón é un novo acicate”.


O proxecto
“Tourist Inside”  ten un orzamento de 1.476.000 euros, dos que Red.es aporta un 60% (886.000 €) e a Deputación o 40% restante (590.000 €). Ademais, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE). A proposta busca impulsar un modelo turístico intelixente, dixital, innovador, sostible e adaptado ás novas demandas das e dos turistas.

 

 

 

 

Carmela Silva mostrou a súa ledicia ”ante un premio tan importante que nos volve a situar como referencia no Estado e que mostra que estamos a facer ben as cousas”

 

 

 

 

O obxectivo do proxecto é avanzar na transformación da provincia como Destino Turístico Intelixente grazas ao emprego das TIC e as ferramentas de dixitalización, impulsando o avance dixital da xestión e dando un salto de calidade para adaptarse ás necesidades das persoas viaxeiras e dos e das axentes turísticas. Trátase, precisamente, dunha das accións principais da Deputación de Pontevedra na implantación dun modelo de xestión sostible e intelixente.

 

Entre as actuacións que se levan a cabo ao abeiro do proxecto “Tourist Inside” destacan a transformación dixital das oficinas de turismo, a implantación de servizos dirixidos ao turista, a dixitalización do territorio a través do despregue de sensores e o equipamento TIC cun proxecto piloto de praia intelixente que se fará en Praia América no concello de Nigrán, a evolución de ferramentas dirixidas ao sector empresarial e a implantación dunha plataforma de interoperabilidade.

 

Precisamente, no momento actual trabállase na transformación dixital das oficinas de turismo da Rede Info Rías Baixas, coa instalación de tótems multimedia e con recursos interactivos que permiten ofrecer información á carta e achegar ás persoas visitantes as experiencias que poden vivir na provincia de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.