VIGO
Fernández-Tapias recibe en Vigo aos policías de “Motos pola Paz”
A delegada territorial da Xunta deu a benvida aos axentes de varios países que realizan a ruta por terras galegas e recibiu un gallardete de mans do presidente de Motos pola Paz e as Cerámicas do Camiño de Santiago
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu este pasado venres aos policías do colectivo “Motos pola Paz” que chegaron a Galicia dentro do evento “Camiños de Europa 2022”. Nun acto ás portas da Delegación, a representante autonómica deu a benvida aos participantes e desexoulles unha boa estancia ao seu paso pola área de Vigo.
O presidente de Motos pola Paz, Bernardo Lépores, entregou á Fernández-Tapias un gallardete da misión, o libro de 20 anos MFP 0121 e as Cerámicas do Camiño de Santiago que deixan en cada visita polas cidades de Europa que visitaron. A expedición partiu de Romo o pasado 20 de maio e xa recalaron en distintas cidades de Europa.
Este sábado sairán de Nigrán para unirse en Santiago á IPA (International Police Association) Moteiros, que tamén realizan o camiño, e formarán unha comitiva de uns 200 motoristas no Obradoiro. A Xunta apoia este evento que ademais permite tamén dar a coñecer o turismo e a gastronomía de Galicia, onde están a chegar cada día milleiros de peregrinos neste Xacobeo con cifras récord no que vai de ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91