Viernes, 08 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 19:10:52 horas

Xornal21.es
Martes, 14 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra forma parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

A institución que preside Carmela Silva foi elixida recentemente na sesión plenaria en Benidorm entre 528 destinos e convértese na voz do turismo galego no máximo órgano de dirección

A Deputación de Pontevedra é  venres a única Deputación de todo o Estado que forma parte da nova Comisión Executiva da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes,  iniciativa da Secretaría de Estado de Turismo para implantar intercambio de experiencias e coñecemento para que os destinos sexan sostibles e intelixentes, amais de liderar en España o deseño do modelo de turismo baseado nas boas prácticas, na dixitalización e a resposta ás novas demandas. Na sesión plenaria celebrada esta mañá en Benidorm, a institución que dirixe Carmela Silva foi elixida xunto a outras 15 para formar parte da dirección da Rede, entre os 528 destinos adheridos , e amais de ser a única Deputación de España  tamén será a única institución galega na Comisión Executiva polo que se converte desde hoxe na voz do turismo de Galicia no máximo órgano de dirección.

 

A presidenta provincial, Carmela Silva, manifestou o seu orgullo porque esta elección “é  un novo recoñecemento á Deputación, froito do noso traballo destes anos para impulsar un sector prioritario para a provincia e un modelo turístico innovador, vangardista e baseado nas novas demandas”. A Red DTI, Destinos Turísticos Intelixentes, creouse no ano 2019 da man de Seggittur e o Ministerio de Industria e Turismo, sendo a Deputación de Pontevedra unha das institucións fundadoras. Nestes anos, avanzouse no incremento de destinos adheridos pero tamén en proporcionar ferramentas e recursos para superar as consecuencias da pandemia e impulsar o desenvolvemento da metodoloxía de destino intelixente.

 

 

 

 

“É un novo recoñecemento froito do noso traballo de anos para impulsar un sector prioritario para esta provincia”

 

 

 

 

A propia Deputación de Pontevedra xa é unha referencia na implementación do proceso para converter á provincia nun territorio turístico intelixente, tanto a través das estruturas e programas de xestión como, sobre todo, coa posta en marcha do proxecto Tourist Inside que suporá un salto cualitativo en innovación, dixitalización e capacitación da oferta para responder ás novas demandas turísticas. Onte mesmo, a Deputación recibiu por este programa na Gala AMETIC, a patronal da industria dixital en España, o Premio Digital Tourist 2022 na categoría de Innovación da Oferta Turística.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.