GALICIA
Rueda pide á vicepresidenta Calviño "un traballo conxunto" nos fondos europeos
O titular do Goberno galego mantivo hoxe unha reunión coa vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle hoxe á vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, un traballo conxunto para cumprir coas expectativas que Galicia ten postas nos fondos europeos destinados a proxectos industriais.
O encontro xirou, sobre todo, ao redor de tres proxectos industriais que son prioritarios para Galicia: dous do ámbito da automoción, como son Stellantis e Showa Denko; ademais do Polo forestal que se articula coa futura planta de Altri na provincia de Lugo. “Son proxectos moi potentes, moi ilusionantes” que veñen da man de socios industriais de probada solvencia.
Con respecto a Stellantis, Rueda expresou a necesidade de “facer todo o posible para garantir o seu presente e tamén o seu futuro”, e lembrou que a industria galega da automoción xera 24.000 empregos e unha facturación de máis de 11.000 millóns de euros.
Sobre a fábrica de automoción de Vigo expresou “a necesidade de facer todo o posible para garantir o seu presente e tamén o seu futuro”
Referiuse á importancia de que Stellantis Vigo poida captar algúns dos modelos de vehículo eléctrico que están en xogo e para iso é imprescindible o compromiso do Goberno central. “O que analizamos hoxe son as posibilidades para poder apoiar conxuntamente esa iniciativa e esa aposta que fai Stellantis por consolidar a fábrica de vehículos más importante de España”, afirmou.
Sobre Showa Denko, Rueda pediulle a Calviño que se exploren as posibilidades para poder aproveitar fondos europeos nesta planta de ánodos de grafito e asegurar así o investimento duns 300 millóns de euros que anunciou a empresa. “É un proxecto que en ningún caso nos podemos permitir deixalo escapar”, advertiu.
No que se refire ao Polo forestal que se articula ao redor de Altri, e que a empresa lusa se comprometeu a levantar en Palas de Rei, Rueda explicoulle á titular de Asuntos Económicos do Executivo central que se trata dun proxecto moi importante para a nosa Comunidade, e que non pode quedar fóra dos fondos europeos de impulso á industria.
Rueda declarou que é “optimista co traballo conxunto que están facendo co Goberno central”, xa que a vicepresidenta escoitou con atención os asuntos que se lle trasladaron desde Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217