VIGO
Vigo converterase en destino turístico intelixente usando fondos europeos
A cidade segue dando pasos para a súa transformación en destino turístico intelixente para o que solicitará 200.000 euros de fondos europeos. Un novo portal web de turismo, un novo observatorio con sistemas big data ou rutas temáticas interactivas serán algunhas das accións coas que o Concello aspira a recibir 200.000 euros
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de dotación de infraestruturas e elementos tecnolóxicos para a transformación de Vigo en destino intelixente para solicitar fondos do programa de transformación dixital e modernización das entidades locais no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia. O Concello solicitará 200.000 euros, dos que 60.000 serán para actuacións referidas á sensibilización do sector e formación, e 194.000 euros serán para a transformación dixital.
O rexedor avanzou algunha das propostas: Un novo portal web de Turismo de Vigo adaptado á estratexia de Destino Turístico Intelixente; un observatorio de Turismo cun sistema de intelixencia turística en destino a través de solucións big data; deseño e desenvolvemento de folletos dixitais; xeración de rutas temáticas interactivas; creación dun arquivo con imaxes inmersivas 360º dos principais puntos turísticos da cidade e das Illas Cíes; dixitalización dos recursos turísticos e tecnoloxías de dinamización mediante a gamificación e a realidade aumentada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91