Mundo Empresa
A CIG denuncia que o convenio estatal da construción "precarizan os salarios"
Esta mañá UGT, CCOO e a patronal CEC asinaron un acordo parcial que modifica o VI Convenio Xeral do Sector da Construción e senta unha clara declaración de intencións respecto ao que será o VII Convenio, que seguirá a negociarse despois do verán.
Deste acordo desmarcouse a Federación de Construción e Madeira da CIG por entender que precariza aínda máis as condicións laborais do sector da construción, e moi particularmente os salarios, ao consolidarse a perda de poder adquisitivo iniciada no ano 2021, no que o persoal do sector perdeu un 4% polo incremento da carestía da vida, que case triplicou o incremento pactado para o convenio.
"Non só se renuncia a compensar esa minoración salarial senón que se consolida, pois renúnciase novamente ás cláusulas de revisión vinculadas ao IPC a ano vencido e con dereito a atrasos", alertan. De feito os incrementos pactados para o ano 2022 non chegan nin á metade do medre do IPC rexistrado neste último mes (8,7%). "A única revisión salarial -de habela- producirase en 2025 tendo en conta a media do IPC (non o IPC final) e nunca superando o 13% da suma dos tres anos anteriores, mais sen dereito a cobrar os atrasos".
Por outra parte, os incrementos pactados nin sequera chegarán enteiros ás nóminas das e dos traballadores, senón que parte dos mesmos destinaranse a financiar un plan de pensións privado controlado por patronal, UGT e CCOO. A FCM-CIG entende que este tipo de plans "tenden a alfombra vermella para a irrupción dos plans de pensión privados no sector, e obrigando a persoal e empresas do sector a financialo. É un ataque frontal ao sistema público de pensións para que estas organizacións e a banca fagan caixa".
Precarizacións dos contratos
Outro punto de desacordo por parte da CIG co novo texto é a precarización dos distintos tipos de contrato, comezando pola implantación do contrato indefinido adscrito á obra froito da última reforma laboral de PSOE e Unidas Podemos, "que só agocha un simple cambio de denominación dos contratos eventuais para sortear a presión de Bruxelas no sentido de reducir a eventualidade en varios sectores da economía".
Mais tamén empeora as condicións dos contratos fixos discontinuos, eventuais por circunstancias da produción e formativos. Ningún deles servirá para atraer máis xente nova ao sector e aínda a disuadirá por precarizar máis a relación laboral e inutilizar contratos que hoxe son útiles e atenden a circunstancias reais, entendendo que todas estas casuísticas poderían encadrarse no propio contrato indefinido adscrito á obra.
En canto á formación, o convenio aumenta aínda máis o poder da Fundación Laboral da Construción, "chiringuito corrupto e opaco integrado por CCOO, UGT e patronais que crearon un auténtico negocio a conta da formación obrigatoria do persoal da construción", denuncia a FCM-CIG.
O texto deixa de lado tamén o persoal das empresas de conservación de estradas e autoestradas, para a que se perdeu a magnífica oportunidade de aclarar a súa principal demanda neste intre: o dereito ao recoñecemento do plus de perigosidade polo risco de atropelos e golpes, e renunciando ao resto das demandas propostas nun principio.
A CIG non asina o que considera un atropelo á clase traballadora
A CIG expresou a súa disconformidade co acordo e prevé convocar nas próximas datas asembleas de delegados e delegadas en toda Galiza para valorar os prexuízos que lles causa este novo atropelo e propor que se inicie un calendario de mobilizacións no sector, "pois xa está ben de que as patronais e os sindicatos españois sigan a condenar o persoal da construción a ser un sector paria, con peores condicións cada día".
"Agora é o momento xusto de presionar á patronal para arrincar novas e mellores condicións laborais, xa que hai máis demanda de man de obra que en ningún momento da última década", valora a FCM-CIG, que lamenta que UGT e CCOO estragaran esta oportunidade, asinando unha vez máis un acordo de mínimos "que claramente vai en contra dos intereses das/os traballadoras/res e deixando o persoal da construción na estacada".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11