VIGO
Fernández-Tapias entrega dúas novas vivendas no casco vello
A presidenta do CCVV e delegada da Xunta en Vigo firmou ante notario a venda dos inmobles de San Francisco 15 e Poboadores 70
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, vén de formalizar ante notario a venda de dúas novas vivendas no barrio histórico, concretamente no número 15 da rúa San Francisco e no número 70 da rúa Poboadores. Os propietarios dos inmobles recibiron este martes as chaves dos seus novos domicilios tras a preceptiva firma ante notario.
A presidenta do CCVV destacou a intensa labor de rehabilitación desenvolvida polo ente desde a súa constitución. “Seguimos apostando por cumprir cos obxectivos marcados xa que, aínda que se avanzou moito na reconstrución do Casco Vello, queda moito por facer”, dixo.
Ademais, Fernández-Tapias reclamou de novo ao Concello de Vigo que cese no seu boicot ao organismo e aprobe os orzamentos que permiten executar o plan de investimentos para rehabilitar o barrio. “É contraditorio que estean de acordo co Plan de Investimentos e que se opoñan a dotar de liquidez ao organismo para acometer as reformas”, sinalou.
Insiste en reclamarlle ao Concello que deixe de boicotear os orzamentos do Consorcio para continuar coa rehabilitación do barrio histórico
Alugueiros de locais
Tamén lembrou que xa se está avanzando na xestión dos alugueiros para o tecido cultural da cidade pese ao “boicot e chantaxe” do Goberno local. “O organismo rehabilitador conta xa cun proxecto propio para ocupar os baixos e moitas solicitudes, polo que non imos ceder aos intentos de chantaxe e de clientelismo político por parte do Concello”, sinalou.
A representante autonómica lembrou que o Consorcio Casco Vello de Vigo xa propuxo hai máis de dous anos, en febreiro de 2020, alugar un total de 17 locais á Xunta de Galicia por un prezo de 24.816 euros ao ano (sen IVE). “A permanente negativa do alcalde a calquera investimento da Xunta en Vigo xa bloqueou entón un gran proxecto para dinamizar o barrio. Non só oponse a licitar os alugueiros senón que votou dúas veces en contra dos orzamentos”, sinalou.
Rehabilitación desde 2005
Desde o ano 2005 o Goberno galego investiu máis de 29 millóns de euros en actuacións de rehabilitación neste ámbito permitindo a adquisición de 88 edificios e a posta no mercado de 117 vivendas de protección autonómica (VPA).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175