Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 14 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Preséntase no Pazo de Mos “O libro da rosa”, editado por Galaxia

Unha xoia literaria con aroma floral que chega á localidade mosense no mellor momento: co regusto do Día da Rosa, celebrado onte, aínda no padal

Esta tarde presentouse no Pazo de Mos o “Libro da Rosa”. No acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e 4 dos 10 autores do libro: Agustín Agra, Diego Giráldez, María Xosé Porteiro e Miriam Couceiro.

 

Xa se atopa rematado e en librerías o gran proxecto editorial que ten ao emblema heráldico de Mos como protagonista: “O libro da rosa”.


Galaxia comezou a traballar no volume fai xustamente un ano, coincidindo tamén coa Festa da Rosa. Trátase do 4º título dunha serie que a editorial comezou con “O libro dos libros”, que foi seguido de “O libro dos trens”; logo saiu á luz “O libro da música” e agora “O libro da rosa” en colaboración co Concello de Mos.


A Festa da Rosa vívese deste xeito, este ano, presentando un libro de Galaxia co símbolo mosense por antonomasia como protagonista.


Esta presentación chega no mellor momento posible: durante a xornada seguinte ao Día da Rosa e festivo local: onte 13 de xuño.


Os 10 autores e autoras galegos/as contemporáneos e ‘primeiras espadas’ da literatura na nosa Comunidade Autónoma, que asinan “O libro da rosa” son:

 

AGUSTÍN AGRA
VICENTE ARAGUAS
MARÍA CANOSA
FRANCISCO CASTRO
RAQUEL CASTRO
MIRIAM COUCEIRO CASTRO
XESÚS FRAGA
DIEGO GIRÁLDEZ
MARÍA XOSÉ PORTEIRO
PURA SALCEDA

 

Desde Galaxia definen así esta pequeña xoia con aroma floral: “as rosas, dende sempre, foron material literario, e non só para os poetas. Simples e evocadoras, viaxan a través da historia da literatura dende que alguén, pechando os ollos e aspirando o seu recendo, se sentiu impelido a escribir. Inspiración de aromas e inspiración de historias. Con esa premisa, pedímoslles a dez autoras e autores de primeira liña da literatura galega que escribisen un relato tomando a rosa como elemento inspirador. E como hai tantas rosas coma estrelas no ceo, velaquí o resultado, dispar, diferente. Relatos uns que son espiñas e outros que son deleite estético; relatos que recenden, en todo caso, a verdade. Literatura rosa, pouca. Literatura grande, toda”. O formato de “O libro da rosa” é un volume de 135 por 210 mm e 156 páxinas impresas na súa edición comercial e na edición exclusiva para o Concello de Mos aumenta o seu tamaño a 197 por 250 mm e 200 páxinas impresas.

 

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, declaráronse hoxe “agradecidas a Galaxia e ó seu director, Francisco Castro, por contar con Mos para formar parte desta fermosísima iniciativa; así como orgullosísimas de que o noso Concello forme parte dela co seu maior emblema, a rosa, e que ademáis o libro poida ser presentado con motivo da Festa da Rosa”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.