GALICIA
A Xunta destina 40m€ este ano a políticas de promoción do emprego inclusivo
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na presentación da campaña de CCOO Capaces con dereitos, onde remarcou o compromiso da Xunta coa xeración e mantemento de postos de traballo nos centros especiais de emprego
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na presentación da campaña Capaces con Dereitos, organizada por Comisións Obreiras (CC.OO.) e centrada na inclusión laboral das persoas con discapacidade e a súa defensa sindical. No acto puxo en valor as políticas de inclusión laboral que a Xunta está a desenvolver este ano co compromiso de mellorar as oportunidades das persoas con discapacidade no seo das empresas e nos centros especiais de emprego.
Mancha destacou as iniciativas que no eido laboral desenvolve a Xunta de Galicia, nomeadamente, o novo Plan Emprega Discapacidade-Exclusión social, dotado en 2022 con 40 millóns de euros para políticas activas de promoción do emprego e de inserción para persoas con dificultade para acceder ao mercado de traballo.
“As persoas con discapacidade son colectivo prioritario nas políticas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través de dous eixos: a súa incorporación en empresas ordinarias ou en centros especiais de emprego”, lembrou a directora xeral.
Entre as medidas do novo programa, Mancha subliñou a posta en marcha dun servizo de intermediación avanzado para as persoas con discapacidade, en colaboración coas entidades que representan ao colectivo, co obxectivo de chegar a máis de 1.300 persoas. Tamén destacou programa de formación dual para as persoas con discapacidade intelectual, que combina o desenvolvemento laboral coa formación; ou os apoios (20,8M€) que a Xunta destina á creación e o mantemento de postos de traballo en centros especiais de emprego, que veñen de incrementarse na anualidade en case o 4%.
Puxo en valor un novo servizo de intermediación avanzado que axudará a máis de 1.300 persoas na súa busca de oportunidades
Pola súa condición de colectivo prioritario, as persoas con discapacidade benefícianse ademais en maior medida dos apoios económicos de programas para a promoción do emprego autónomo ou de apoio á contratación indefinida por parte destes empresarios; ou nas axudas que reciben as entidades sen ánimo de lucro e concellos para contratar persoas sen emprego. A Xunta tamén incentiva a súa presenza na Economía Social e lles outorga prioridade nos programas de formación para o emprego e de orientación laboral.
Responsabilidade social empresarial
A directora xeral de Relacións Laborais fixo fincapé tamén no labor das empresas, tanto privadas como publicas de máis de 50 persoas, e lembrou a súa obriga de reservar o 2% dos postos de traballo ao colectivo. No caso das pemes, fixo un chamamento para que “avoguen pola implantación de medidas de responsabilidade social empresarial (RSE) que, aínda que non son obrigatorias, mostran o seu compromiso e actitude solidaria co colectivo”. Mancha lembrou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade conta cun programa de asesoramento gratuíto para que poidan iniciarse na RSE, ao que se pode acceder a través da web https://rse.xunta.gal/index.php/gl.
Mancha remarcou a tendencia ascendente que Galicia está a notar en canto a creación de centros especiais de emprego nos últimos anos, que está acompasada, dixo, “dun incremento orzamentario e unha forte aposta da Xunta pola economía social, proba do compromiso cos colectivos que traballan coa discapacidade, e co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades laborais entre os galegos e galegas”. Neste sentido destacou que o incremento entre os anos 2010 e 2019 superou o 200% e que desde 2020 xa se crearon 16 novas entidades, a pesares da pandemia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217