Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta entrega en Ponteareas un novo vehículo de emerxencias

A Xunta entregou un camión tipo Autobomba Rural Pesada (BRP), que o Concello dotou de material como mangueiras, lanzas ou escaleiras

O Concello de Ponteareas recolleu a semana pasada en Pontevedra un novo vehículo co que dotar ao servizo supramunicipal que atende emerxencias en toda a comarca. A Xunta fixo entrega á alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e ao Grupo Municipal de Emerxencias dun camión tipo Autobomba Rural Pesada (BRP) que permitirá o acceso a todo tipo de zonas que presenten dificultades, como poden ser estradas secundarias, pistas forestais ou camiños, e intervir así en incendios forestais, urbanos ou industriais.


A rexedora salientou a importancia de contar con este novo vehículo “que permitirá unha pequena renovación do parque móbil do Grupo de Emerxencias Municipal, que ata o de agora traballaba con dous vehículos cisterna con moitas horas de servizo”. “É fundamental dotar aos servizos de emerxencias do material necesario para poder solucionar calquera incidencia da mellor forma, tanto para a poboación como para unha contorna moi variábel como é a da nosa comarca. Isto, ademais, fará posible que as persoas que están detrás do Grupo de Emerxencias poidan desenvolver o seu traballo co menor risco posíbel”, lembrou Fernández Davila.

 

 

 

 

O Concello solicitara novos vehículos cos que dotar aos servizos de Emerxencias e Protección Civil que atenden a toda a comarca

 

 

 


Trátase dun vehículo de tracción integral 4x4 adaptado para acceder a calquera zona en área urbana ou rural, cunha cisterna de auga de máis de 3.000 litros de capacidade e unha bomba centrífuga con presión combinada, o que permitirá o lanzamento de auga en baixa e alta presión ou ambas de forma simultánea en función das necesidades. Pola súa banda, o Concello de Ponteareas completou a dotación deste vehículo coa incorporación de material como mangueiras, lanzas e escaleiras.   

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.