Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG pide explicacións polo gasto en letreiros

No último pleno do Concello de Mos, o goberno do PP aprobou un novo recoñecemento extraxudicial de crédito para facer fronte a facturas atrasadas por un importe de máis 150.000 euros. Neste montante incluíase o pago dos 22.000 euros que custaron os letreiros de ‘Somos Mos’ instalados en San Cosme, Os Valos, Santiaguiño e Peinador. A esta cantidade habería que engadir os 6.000 euros que custaron as letras instaladas hai algún tempo na rotonda de Puxeiros, un gasto que o portavoz do BNG, Gustavo Barcia, cualificou como “prescindible” ao entender que “non responde ás necesidades da veciñanza”.

 

O concelleiro nacionalista denuncia, ademais, que "a contratación dos letreiros luminosos non se axustou aos procedementos administrativos, xa que a Lei establece que os subministros de máis de 18.000 euros non poden considerarse, en ningún caso, contratos menores e deben tramitarse a través de licitación".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.