Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 18 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

“Amamos con ORGULLO e liberdade”

Frase gañadora do concurso convocado co motivo do día do Orgullo LGTBI+ autoría de Noelia Pérez Daponte de Tameiga

[Img #76421]Desde a concellería de Mocidade que dirixe o edil Leo Costas infórmase de que onte reuniuse o xurado para deliberar cal foi a mellor frase das presentadas no concurso convocado co motivo do día do Orgullo LGTBI+. Presentáronse 11 frases e o xurado ditaminou por unanimidade que a mellor frase é “Amamos con ORGULLO e liberdade” A gañadora é Noelia Pérez Daponte de 40 anos natural Tameiga. Esta frase estará exposta na rotonda das Angustias do 16 ao 30 de xuño. Ou premio para a participante será un vale de 150 euros para gastar en material de librería.


Este concurso de frases foi convocado co motivo do día do Orgullo LGTBI+.


Desde o Concello de Mos quérese seguir dando continuidade e visibilidade a accións a favor dos dereitos LGTB e facer partícipe á poboación mosense.


O día do Orgullo LGTBI+  é o  próximo 28 de xuño con ese motivo organizouse este concurso, no que a poboación  puido participar creando unha frase que englobase neste día a  diversidade sexual e de xénero.  
A frase gañadora será o slogan deste ano e  estará exposta dende o día 16 ao 30 de xuño na pantalla da rotonda das Angustias.


Podían participar todas aquelas persoas que o desexaran que tivesen máis de 12 anos. As persoas participantes podían enviar  un máximo de dúas frases.


As frases que se presentaron a concurso debían constar dun máximo de 30 caracteres con espazos. As frases debían conter unha mensaxe que reivindique os dereitos ou emponderen ás persoas LGTBI+ e ter coherencia entre o significado da frase coa significación do día que se conmemora.


O prazo de presentación das frases conmemorativas foi desde o 1 de xuño ata o día 14 ás 23:59 h.


O criterio de  valoración que se tivo en conta á hora de ditaminar o fallo do concurso, foi que debía ter coherencia entre; significado da frase coa significación do día que se conmemora, buscando un slogan idóneo, e que non precise explicación.


O xurado estaba composto por: concelleiro delegado do departamento de Xuventude (Presidente),  3 persoas técnicas do CIM, a técnico do Departamento de Educación e a técnico do Departamento de Xuventude e Participación (secretaria). O xurado reuniuse o día 15 de xuño para deliberar o fallo do concurso.  


Como xa se dixo, a persoa gañadora  recibirá como  agasallo un vale por importe de 150 € para gastar en material de librería e será a encargada de ler o manifesto no Pleno ordinario do mes de xuño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.