Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Sábado, 25 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta entrega en Tomiño obtén outro coche de policía cero emisións

O vehículo, financiado polo Fondo de Compensación Ambiental, é híbrido, de tracción 4x4, e foi adquirido mediante o sistema de renting

Tomiño conta cun novo vehículo de policía co distintivo ambiental Eco ou Cero Emisións graxas á Xunta de Galicia. Trátase dunha unidade móbil híbrida de tracción 4x4 que se destinará a tarefas de seguridade medioambiental.


O vehículo, adquirido en parte (69%) con cargo a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental (Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) para a modalidade de renting, está dotado con cinco portas, emisións máximas CO2 Mixto de 131g/Km.; indicador Eco-Drive, luces led, sistema de chamadas de emerxencia (e-call), Bluetooth mans libres, antena de telecomunicacións e preinstalación para emisora en salpicadero; chalecos antibala e kits de detección de drogas para controis, entre outros equipamentos especiais.


O coche vén a sumarse a outros tres que posúe a Policía Local e será destinado a funcións relacionadas coa protección do medioambiente e dos espazos naturais, facendo que os membros da policía local poidan velar dentro do territorio de Tomiño polo cumprimento de toda a normativa local e autonómica sobre a materia; en particular, vixilancia de parques e xardíns públicos, xestión dos residuos sólidos urbanos e protección contra a contaminación acústica, luminosa e atmosférica nas zonas urbanas; vixilancia e control da recollida selectiva de residuos, vertidos de restos de construción e demolición en solo urbano, residuos perigosos xerados por parte de comercios e industrias; limpeza de espazos públicos, fachadas e muros, etc.


Así mesmo, utilizarase para controlar e denunciar as infraccións por ensuciar espazos públicos; vixiar lugares de gran concentración de público e botellóns; tramitar a retirada de vehículos abandonados; protexer a flora e a fauna silvestre; vixiar a caza ilegal, recuperar animais silvestres e controlar o maltrato e abandono de animais domésticos.


 Vixilancia da proliferación de vertedoiros ilegais e traballos de prevención e defensa contra os incendios forestais, en colaboración co departamento de Medio Rural do Concello de Tomiño, serán tamén tarefas para as que servirá o novo vehículo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.