VIGO
O goberno municipal adxudica a obra do ascensor Halo por 12.560.000 euros
“O ascensor Halo vai dar a volta ao mundo porque é excepcional”, avanzou o rexedor este martes, poñendo en valor esta obra que mellorará a comunicación entre a zona baixa e a zona alta da cidade
A Xunta de Goberno Local extraordinaria celebrada nesta semana aprobou a adxudicación das obras da conexión peonil entre as rúas Serafín Avendaño e Vía Norte que ten un orzamento de 12.562.000 euros dos que case 6 millóns procederñan do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Goberno de España con fondos Next Generation da Unión Europea que cofinancia “case a metade do ascensor”.
“Imos a toda velocidade, en tempo e forma na realización dunha das grandes obras de Europa. O ascensor Halo vai dar a volta ao mundo porque é excepcional, unha escultura, cunha enorme capacidade de mobilización” sinalou Caballero en rolda de prensa. Tal e como explicou, o ascensor acada case 50 metros de altura, pasa por enriba da autoestrada e enlaza en Vía Norte coa gran estación do AVE. Posteriormente, coa instalación de novas ramplas na rúa Escultor Gregorio Fernández, conectará tamén a zona de mar da cidade co Barrio de Ribadavia”.
O alcalde deu conta tamén dalgunhas melloras propostas pola empresa adxudicataria como o cerramento en vidro, facéndoo máis transparente desde o interior cara ao exterior, e o aumento do espesor mellorando o aspecto da carpintería e a estética enfatizando a cor branca do Halo. A mellora do paisaxismo no espazo entre o embarque inferior e o muro de terra armada que sostén a AP-9, mellorando o espazo verde que se conforma e integrándoo na contorna; melloras no sistema de instrumentación e monitorización estrutural da pasarela e a implantación dun sistema de avaliación de indicadores do comportamento social e ambiental do novo espazo público urbano.
Unha vez adxudicadas as obras, hai que deixar un prazo de posibles recursos de 15 días hábiles antes de formalizar o contrato, coa previsión de que se poida asinar a primeira semana de xullo e que as obras empecen en agosto. Teñen un prazo de execución de 12 meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91