Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 19 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Catro cidades do mundo fanse oco nas alfombras de Ponteareas

Xunto coa tradicional delegación de La Orotava e Monçao, este ano confeccionarán tapices alfombristas da Infiorata Arxentina e de Aguaviva (Teruel)

Dende diferentes recunchos do mundo a Ponteareas. As alfombras florais da vila rexorden este ano tras o parón da pandemia sumando novos integrantes que achegarán o seu gran de arte á festa grande da vila, xa que ademais da tradicional delegación de La Orotava e de Monçao tamén deixarán a súa pegada nos tramos alfombrados os tapices representantes da Infiorata Arxentina e de Aguaviva (Teruel).


Xa está en Ponteareas a delegación internacional da infiorata Arxentina, que visita por primeira vez o Corpus ponteareán e que esta fin de semana confeccionará o seu tapiz floral na rúa Reveriano Soutullo. Tamén na xornada de onte Ponteareas recibía a nutrida delegación de La Orotava, que se trasladou á vila do Corpus con dez integrantes, entre eles a primeira tenente de alcalde, Delia Escobar.


“Para nós é un pracer recibir un ano máis ás nosas irmás e irmáns de La Orotava, vila de Santa Cruz de Tenerife coa que compartimos irmandade dende 1983. Pero tamén é un orgullo abrir as portas da nosa festa grande a novas e novos alfombristas chegados de distintos puntos do mundo, intercambiar experiencias e visións dunha arte que ponteareás e ponteareáns levamos no noso ADN”, salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.


Nesa aposta por continuar estreitando lazos con Portugal, nesta nova edición do Corpus Christi de Ponteareas tamén participará unha delegación de Monçao, co presidente da cámara municipal, António Barbosa á cabeza. A rúa Fernández Vega gardará o espazo habitual para a alfombra lusa.


A delegación de Aguaviva, en Teruel, na que participa o seu alcalde, Aitor Clemente, pecha a comitiva de alfombristas invitados. Devolven así a visita realizada en 2018, “cando as nosas e nosos alfombristas confeccionaron na súa vila unha alfombra ponteareá”. O público poderá gozar coa súa peza floral na Praza Maior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.