Sábado, 24 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 18 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Medio milleiro de artesáns palillan xuntos hoxe en Mos

O encaixe de bolillos de novo protagonista da Festa da Rosa na XIV Xuntanza de Palilleir@s en Costoias

Hoxe celébrase durante todo o día a 14 Edición da Xuntanza de Palilleir@s que cada ano, con motivo da Festa da Rosa, organiza a Asociación de Palilleiras de Mos.

 

Trátase dun tradicional encontro que se enmarca na programación cultural da Rosa de Mos e que este ano volta á súa celebración presencial cen por cen, tras as restriccións motivadas pola pandemia da COVID-19.

 

[Img #76455]

 

A presidenta d@s Palilleir@s de Mos, Montserrat Pereira Troitiño, manifestou a súa satisfacción neste sentido e informou de que “a alfluencia de artesáns a este reencontro supera as nosas expectativas, pois contamos con 500 palilleir@s inscrit@s e chegados de todos os rincóns de Galicia, así como doutras comunidades autónomas tales como Cantabria, Madrid, Castela e León… E explicou que deixarán unha rosa de encaixe no exterior do parque para disfrute de todos do traballo artesan”.

 

A multitudinaria palillada en Costoias, parroquia de Tameiga, contou esta tarde coa visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Turismo, Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e demais membros da Corporación Municipal mosense.

 

As representantes locais, Arévalo e Cebreiro, definiron a Xuntanza de Paliller@s de Mos como “todo un espectáculo de artesanía, bo gusto, bo facer, beleza, moda, compañeirismo e intercambio cultural”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.