MOS
O PSdeG mosense insta a Xunta a destinar máis recursos para as Escolas de Música
O pasado 14 de maio os socialistas asistiron a graduación da primeira promoción do Grado Profesional impartido no Conservatorio de Torroso. Escola de música que depende do centro cultural da parroquia e por tanto, non ten animo de lucro, e conta con subvencións das distintas administracións que lle serven para financiarse.
Sinalan os socialistas que este tipo de centros educativos están vinculados a Xunta de Galicia, xa que é esta quen ostenta a competencia en educación. Por tanto, dita administración conta cos fondos que debe de distribuír para atender as necesidades do sector educativo. Aínda así durante a graduación, o xerente do conservatorio, na súa intervención deixou patente as necesidades as que teñen que facer fronte estas escolas de música.
Din dende a bancada socialista "entender que as necesidades da Escola de Música de Torroso foron en aumento. E que ditas necesidades deberían ser asumidas en maior medida pola Xunta de Galicia pero o Concello de Mos, co PP ao fronte nunca reclama máis fondos a esta administración. Feito que levou ao PSdeG local a presentar esta moción na que instan a Xunta de Galicia a aumentar a partida destinada a financiar as escolas de música vinculadas a entidades sen animo de lucro."
A voceira socialista, Victoria Alonso, recalca que "hai que solicitarlle os fondos a quen ten as competencias xa que son quenes teñen os recursos, e non facelo sería unha neglixencia que debe ser denunciada". Tamén quere resaltar que o concello prefire aportar recursos municipais no canto de esixirlle a Xunta máis recursos". Finaliza dicindo que ante a falta de compromiso do PP ca Escola de Música de Torroso, os socialistas toman a iniciativa de presentar esta moción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184