MOS
Mos incentiva ás empresas que contraten a persoal do Obradoiro dual de emprego SOMOSMOS
Os sectores empresariais aos que vai dirixida esta axuda son o sociosanitario e o da construcción. O prazo para solicitala estará aberto ata o 1 de xullo
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, informan de que foron aprobadas na última Xunta de Goberno Local, as bases reguladoras de axudas á contratación por conta allea do alumnado participante no obradoiro dual de emprego “SOMOSMOS ”.
Trátanse dunhas axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación, práctica profesional e, no caso dos concellos, para incentivos á contratación temporal en empresas.
Tras recibir a notificación de subvención da Xunta de Galicia para o Concello de Mos a tal fin, a administración local mosense aproba as bases que regulan as axudas ás que poden optar todas aquelas empresas interesadas en contratar a alumnos/as-traballadores/as do Obradoiro de emprego “SOMOSMOS”.
As empresas ás que van dirixidas as axudas son as pertencentes ao ámbito da formación impartida polos obradoiros duais de emprego do Concello de Mos: albanelería, operacions auxiliares de revestimentos continuos en construcción, e fábricas de albanelería. E rama sociosanitaria: atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio. Os interesados en solicitala poden dirixirse á Axencia de Colocación de Mos ou chamar ao teléfono 986 487 786 ata o vindeiro 1 de xullo, data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
O importe total das axudas ascende a 30.000 € repartidos en 20 contratos laboráis, cuxo importe da subvención será de 1.500 € por contrato do traballo por conta allea. A concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia nas empresas e nos empregadores dos requisitos establecidos, ata o esgotamento do crédito orzamentario, que ascende a 30.000 €. A contratación temporal cunha duración mínima de 3 meses, a tempo completo, deberá comenzar nos quince días seguintes á finalización do Obradoiro dual de emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184