DEPORTES
Manuel Fernández representa a España no campionato de Eeuropa que se celebrará en Portugal
Manuel Fernández acadaou hai dous meses o primeiro posto na categoria sub18 do Tapia Goanna Pro e recentemente os cuartos de final do Gadis Pro Junior de Ferrol
Dous meses despois de acadar o primeiro posto na categoría sub18 do Tapia Goanna Pro, proba do circuíto da liga nacional da Federación Española de Surfing FESurfing, Manuel Fernández (Oleiros) vén de ser seleccionado pola Federación Española de Surf para representar a España no vindeiro Campionato de Europa Júnior de Surf que se celebrará na vila portuguesa de Torres Vedras entre o 15 e o 24 de xullo. Unha vez rematado o Abanca Pantín Classic Galicia Pro, que comeza o próximo 9 de xullo, a expedición nacional viaxará a terras lusas comandada polos técnicos Pablo Solar, Luis Pérez ‘Gigi’ E Ibon Amatriaín. Cómpre destacar que Manuel Fernández foi campión galego open e sub18 en 2021 e que este mesmo ano acadou os cuartos de final do Gadis Pro Junior de Ferrol.
Cómpre salientar o excelente traballo da Federación Galega de Surf, especialmente na tecnificación, desde a posta en marcha, da man da Xunta de Galicia, do Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado (NADE) en Nigrán onde Manuel Fernández adestra desde o pasado mes de marzo xunto aos seus compañeiros Sebastián Baamonde Amenedo, Martín Fernández González, Iván Rodríguez Portas, Lucía Martínez Bermúdez e Claudia Prieto Sapena baixo as ordes de Jorge Araújo, director do NADE, bautizado co nome de ‘Calidade surfing’.
O NADE de surf seguirá contribuindo a identificar e reter o talento deportivo que se atopa diseminado polos clubs do territorio da Comunidade Autónoma e traballar nas futuras metas dun deporte que xa é olímpico dende os pasados Xogos de Toquío da man do seu coordinador Coque Araújo. ‘Calidade Surfing’ representa o interese estratéxico do surf galego, encamiñado á participación dos deportistas galegos en xogos olímpicos ou paralímpicos, campionatos do mundo, campionatos de Europa e outras competicións internacionais de máximo nivel.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186