PROVINCIA
SmartPeme imparte esta semana catro novas accións formativas
O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Pinterest, copywriting, venta de produtos en Facebook e Instagram ou fabricación dixital
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta catro novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como promocionar a túa empresa con Pinterest, copywriting en web e redes sociais, venda de produtos en Facebook e Instagram e fabricación dixital con escaner 3D.
O martes 28 de xuño, na quenda da mañá, Esther Garcinuño diplomada en Ciencias Empresariais impartirá o taller “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”. Nel dará a coñecer en profundidade esta rede social baseada en taboleiros de fotografías que se poden gardar e compartir e como implementala na estratexia de social media. Na da tarde, Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, versará sobre “Copywriting aplicado a web e redes sociais”. Un curso que explicará que é o copywriting, os seus tipos, como escribir un bo copy e como usalo nas nosas páxinas web e redes sociais. Ambas accións instruiranse a través de Zoom.
O mércores 29 as 12.ooh ofrécese o obradoiro “Vende os teus produtos en Facebook e Instagram“. O “social selling” é unha das finalidades das redes sociais, por iso neste taller, amosarase como utilizar estas aplicacións como ferramentas de venda directa, como crear unha tenda en Facebook ou Instagram e varios exemplos de éxito. A encargada de conducilo será Laura Carrera, que conta cunha ampla experiencia asesorando a empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Finalmente, o xoves 30 terá lugar o derradeiro dos obradoiros do mes. O experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, Manuel Freire, impartirá “Fabricación dixital. Escáner 3D”. O obxectivo é dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas no proceso de produción dixital. Este é un curso de formato mixto no que se combinan clases en liña e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91