GALICIA
A Xunta eleva os apoios para manter os postos de traballo nos centros especiais de emprego
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza con Aspais, asociación que representa os intereses destes centros
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego (Aspais) no que afondou nos apoios que a Xunta brinda a estas entidades, que este ano acadan os 20 millóns de euros, como unha das apostas máis firmes do Goberno autonómico para avanzar na xeración de emprego inclusivo.
A Consellería de Promoción do Emprego vén de elevar un 4% con respecto a 2021, ata os 20 millóns de euros, os apoios para xerar e manter postos de traballo nos Centros Especiais de Emprego. Trátase dun programa inserido no Plan Emprega Discapacidade e Exclusión Social que conta para 2022 cun orzamento de máis de 40 millóns de euros dirixidos exclusivamente á execución de políticas activas de emprego para estes colectivos que teñen prioridade para o Goberno galego.
No encontro de hoxe, a conselleira avogou por valorizar o talento das persoas con discapacidade e demandou avances para que poidan participar activamente no mercado laboral. O emprego, tal e como trasladou, resulta un dos camiños máis importantes para que gañen autonomía e avancen no seu benestar.
As axudas insírense no novo Plan Discapacidade e Exclusión Social aos que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina este 2022 máis de 40M€
Lorenzana remarcou unha vez máis neste encontro -no que tomaron parte o presidente de Aspais, Xosé Ramón Dourado, e a xerente da entidade, Lúa Piñeiro- a importancia de impulsar o tránsito do emprego protexido ao de tipo ordinario a través da colaboración pública e privada.
A conselleira vén de facer de voceira do resto das comunidades autónomas ante a Comisión Europea na que demandou en Europa que se incrementen progresivamente os apoios á formación e capacitación profesional, os incentivos á contratación e o nivel de sensibilización do tecido empresarial respecto das oportunidades que ofrece a diversidade de perfís.
Aspais é unha asociación autonómica constituída en 2019 por persoas físicas e xurídicas titulares de Centros Especiais de Emprego nos que traballan, na actualidade, máis de 800 persoas con discapacidade. Desde o inicio das súas actividades, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinou un total de 88.276 euros a Aspais no marco dos apoios a entidades de iniciativa social que desenvolven programas para mulleres así como de fomento e consolidación de asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral e de actividades de promoción da Economía Social dentro da Rede Eusumo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217