Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 04 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Cruz Vermella en Condado organiza actividades de verán para nenas e nenos

Cruz Vermella en O Condado está a programar novas actividades de verán, dirixidas ás nenas e ós nenos de 6 a 12 anos. A Aula de Xogos que se desenvolverá os luns e xoves, e o obradoiro de Promoción do éxito escolar que será os martes. Ambas actividades serán en horario de 10h a 12h, nas instalacións pertencentes a Cruz Vermella en Ponteareas.   


Nas sesións, levaranse a cabo actividades de educación medioambiental, xogos populares, manualidades e visitas, nas que os rapaces poderán divertirse e aproveitar o tempo de lecer dun xeito educativo, que fomente a transmisión de valores positivos entre os/as menores.


Para que todo sexa un éxito contamos coa participación dun equipo de voluntarias/aso de Cruz Vermella Xuventude, que durante o mes de Xuño estivo a deseñar e organizar todas e cada unha das sesións.


O obxectivo é ofertar un espazo onde os nenos e nenas da localidade poidan aprender xogando, divertirse e desenvolver a imaxinación e a creatividade. Sabemos que mediante o xogo os rapaces coñecen o mundo dos obxectos, dos símbolos e dos outros; as regras que hai que respectar para interactuar no seu medio, ademais de coñecerse a si mesmos. É por tanto, unha necesidade básica que teñen xunto á de comer, durmir ou ter protección e seguridade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.222

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.