Viernes, 08 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 07 de Mayo de 2026 a las 19:46:15 horas

Xornal21.es
Domingo, 03 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina medio millón de euros entre 51 clubs de deporte náutico

Os fondos provinciais chegan a clubs de piragüismo, remo e vela con criterios que valoraron de forma especial as licencias femininas e as de deporte adaptado

O goberno da Deputación aprobou esta semana as subvencións a clubs náuticos da provincia que participan en competicións oficiais de ámbito náutico. Serán en total 500.000 euros que chegarán a 51 entidades deportivas de 23 concellos da provincia das modalidades de piragüismo (280.000 euros para 27 clubs), remo (145.000 euros para 15 clubs) e vela (75.000 euros para 9 clubs). As concesións lévanse a cabo mediante concorrencia competitiva valorándose o orzamento dos gastos subvencionables presentados por cada entidade e número de licencias federativas, entre as que a institución provincial valorou de xeito especial as licencias femininas ou as de deporte adaptado.

 

Os fondos provinciais chegarán á comarca do Salnés con máis de 120.000 euros para 12 clubs repartidos entre 2 de Sanxenxo; outros dous de Vilagarcía; tres do Grove; e un de Cambados; 1 de Catoira; 1 da Illa de Arousa; 1 de Pontecesures e 1 de Ribadumia. Tamén se aprobarán recursos para 12 clubs da comarca de Pontevedra entre os que se repartirán case 110.000 euros para tres clubs de Marín; un de Caldas de Reis, dous de Poio; catro de Pontevedra e dous de Vilaboa.

 

Para o Morrazo a Xunta de Goberno dará luz verde a case 72.700 euros que se repartirán entre oito clubs, cinco son de Cangas; outro é de Bueu; e dous clubs de Moaña. Para a comarca de Vigo aprobaranse achegas por máis de 126.000 euros que estarán destinadas a 12 clubs. Serán 9 do concello de Vigo; dous de Redondela; e un de Baiona. Ao Condado e A Paradanta chegará unha achega de 5.460 euros para un club de Mondariz e para o Baixo Miño a institución provincial aprobará recursos para seis clubs por un total de 59.000 euros: un club da Guarda; catro de Tui; e un de Tomiño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.