Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 01 de Mayo de 2026 a las 13:42:06 horas

Xornal21.es
Domingo, 03 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

A Xunta destina 200.000€ para a adquisición de inmobles na área rexurbe de Tui

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, lembrou na Praza do Concello este programa baixo o lema Gañas ti, Gaña Tui, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, destina este ano unha partida de 200.000 euros para a adquisición de inmobles na denominada área Rexurbe da vila de Tui, delimitada principalmente polo casco vello e a contorna da catedral.


O Goberno galego anima aos propietarios de inmobles deshabitados nesta zona a presentar as súas ofertas, para o cal está aberto o prazo ata o vindeiro 15 de xullo.


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, lembrou esta semana na Praza do Concello a convocatoria do programa Rexurbe correspondente co ano 2022 baixo o lema Gañas ti, Gaña Tui.


“A política do Goberno galego en materia de vivenda é transversal e moi completa, con máis de 150 millóns de euros nunha trintena de liñas, pero dándolle unha especial importancia á rehabilitación, ao mercado de vivendas baleiras e aos cascos históricos das vilas, que pretendemos recuperar e rexenerar, como no caso de Tui, con novos fogares e moita máis vida e dinamismo”, detallou o representante autonómico.


O formato do programa Rexurbe 2022 en Tui funcionará de xeito similar á anterior convocatoria. Deste xeito, os propietarios de inmobles en estado de abandono ou semiabandono situados na área Rexurbe do núcleo histórico e que queiran vendelos á Xunta de Galicia deberán presentar a súa solicitude ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) durante os vindeiros quince días. No caso de precisar máis información, poden resolver as súas dúbidas e cuestións a través do número de teléfono 981 957 965 ou, de xeito presencial, nas dependencias do servizo provincial.

 

 

 

 

O Goberno galego xa adquiriu catro inmobles para a súa rehabilitación como vivendas no casco vello de Tui coa convocatoria do pasado ano e pretende continuar con esta iniciativa orientada á reactivación do mercado residencial e á recuperación dos núcleos históricos

 

 

 


Posteriormente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda procederá á baremación das ofertas para decidir os inmobles que serán adquiridos para a súa posterior rehabilitación como vivendas de promoción pública. Cómpre sinalar que, ademais de cumprir os requisitos técnicos e administrativos recollidos na convocatoria, priorizarase a compra daqueles inmobles cunha arquitectura especial ou valor patrimonial.


A Xunta de Galicia incluiu o pasado ano no programa Rexurbe ao Concello de Tui e este exercicio repetirá investimento neste municipio, no marco dos 2 millóns de euros da presente convocatoria, xunto cos termos da Coruña, Ferrol, Ourense e Ribadavia. Deste xeito, pretende dárselle continuidade á compra de inmobles do seu casco histórico, para a súa posterior rehabilitación como vivendas, tras a adquisición de tres edificios en 2021, emprazados en San Telmo 44, Cuenca 18 e Cuenca 42 e que supuxeron un investimento de 202.000 euros; e outro máis anteriormente na rúa Bispo Castañón, 20 por un importe de 100.000 euros.


O programa Rexurbe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xurdiu no ano 2017 e, ata a data, supuxo uns compromisos de adquisición de 85 inmobles cun investimento de 31,5 millóns de euros que permitirán poñer no mercado unhas 150 vivendas rehabilitadas en toda Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.