GALICIA
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
A Xunta atende a demanda do sector de transporte de mercadorías por estrada e fortalece a operatividade deste instrumento de resolución daqueles conflitos que xorden na actividade de transporte, tanto entre empresas como entre usuarios e empresas
A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que se modifica para reforzar o funcionamento da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.
O Consello da Xunta aprobou, o pasado 23 de xuño, a modificación da estrutura orgánica da Consellería para fortalecer a operatividade da Xunta Arbitral como instrumento de resolución daqueles conflitos que xorden na actividade de transporte, tanto entre empresas como entre usuarios e empresas.
Esta modificación na estrutura da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade permite incrementar os recursos da Xunta Arbitral de Transportes, garantir unha maior axilidade na emisión de resolucións e acurtar os prazos de tramitación ante os conflitos que xorden na actividade do transporte.
Trátase dunha figura moi demandada por parte do sector de transporte de mercadorías por estrada, que a Xunta reforza dotándoa dun maior apoio administrativo, coa finalidade de axilizar a resolución de controversias e optimizar os prazos de resolución das mesmas.
Para iso, a Xunta contará con persoal especializado que examinará inicialmente as reclamacións e permitirá un maior impulso na tramitación dos procedementos arbitrais coas máximas garantías para todas as partes.
Dotarase a Xunta Arbitral de Transportes dun maior apoio administrativo, coa finalidade de axilizar a resolución de controversias e optimizar os prazos de resolución das mesmas
Con esta modificación, o Goberno galego atende a petición trasladada polo sector, co que segue traballando en permanente diálogo en aras de contribuír ao funcionamento harmónico da cadea do transporte de mercadorías e da loxística en Galicia.
Funcionamento da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia
A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia é o principal órgano de resolución das reclamacións que se formulan, tanto entre empresas como entre usuarios e empresas, como consecuencia da prestación de servizos de transporte.
No caso de empresas, é un instrumento áxil e sinxelo para que poidan formular reclamacións por falta de pagamento de portes, por paralización dos vehículos nos lugares de carga ou de descarga, ou por danos da mercadoría, entre outros.
No caso das persoas usuarias, a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia constitúe tamén un mecanismo áxil e de doado acceso para a resolución das reclamacións que estas deban formular contra empresas de transporte, tanto de mercadorías como de viaxeiros, ou incluso de actividades auxiliares do transporte, como o aluguer de vehículos.
A nova estrutura orgánica da Consellería entra en vigor hoxe. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información: https://bit.ly/3uqtAUn.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217