GALICIA
A Xunta incorpora a modalidade de música clásica ao programa ‘Xuventude Crea’
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse aos ensaios previos ao IV Encontro da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, anunciou que a Xunta de Galicia incorpora a modalidade de música clásica ao programa Xuventude Crea, que a partir de mañá xa ten aberto a súa inscrición. Fíxoo nos ensaios previos que están a realizar os participantes do IV Encontro de Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia organizado pola Federación Galega de Bandas de Músicas Populares e que terá lugar esta fin de semana.
Ademais disto, Cristina Pichel explicou que esta nova convocatoria do programa, posto en marcha polo Goberno galego, tamén conta con máis novidades, xa que a especialidade de graffiti pasa a converterse en arte urbana co obxectivo de dar cabida ás diferentes expresións artísticas no eido do muralismo.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta edición, a duodécima, de Xuventude Crea, polo que a partir de mañá as mozas e mozos non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no 2022 poden inscribirse nalgunha das 14 categorías: creación de videoxogos, novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografías, música, poesía, videocreación, banda deseñada, arte urbana, deseño de xoias, moda e danza moderna.
Formará parte da especialidade de música e os solistas e grupos participantes poderán optar, a maiores do restantes premios, a un premio adicional dotado de 1000 euros
Os interesados teñen ata o 5 de agosto para anotarse neste programa, que trata de fomentar a creatividade da xuventude galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra. Cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros; así como mencións de honra sen dotación económica.
Todo aquel que precise máis información sobre a iniciativa ou de cada unha das modalidades que a compón, pode encontrala no apartado específico que ten Xuventude Crea na páxina web de xuventude.net.
50 participantes no encontro
O IV Encontro de banda Sinfónica Xuvenil de Galicia conta coa participación de máis de 50 mozos. Durante a visita, a directora xeral, que estivo acompañada polos voluntarios e directores artísticos que participan no proxecto, tamén subliñou a importancia da música como actividade cultural e de lecer para todas as idades, así como para impulsar o talento e a creatividade da xuventude.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217