Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 01 de Mayo de 2026 a las 13:42:06 horas

Xornal21.es
Miércoles, 06 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

A Xunta e o Concello de Tui repasan o contido do futuro Plan de dinamización da área Rexurbe Municipal

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo reuniuse esta semana co alcalde

A Xunta e o Concello de Tui mantiveron esta semana unha xuntanza de carácter técnico para analizar o contido e os últimos avances na redacción do plan de dinamización da Área Rexurbe do municipio, declarada o ano pasado e unha das seis existentes a día de hoxe en toda Galicia.

 

A tal fin, o director xeral do instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, recibiu esta semana ao alcalde, Enrique Cabaleiro, con quen analizou en detalle as diferentes actuacións que inclúe o documento.

 

Cómpre precisar que o plan de dinamización é o instrumento que marcará a folla de ruta a seguir para a posta en valor do ámbito incluído na área Rexurbe, que abrangue todo o conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural e tamén outras zonas da súa contorna, como o Paseo da Corredoira, Bispo Lago e Martínez Padín N-550.

 

Neste sentido, o rexedor confirmou que xa están ultimando o plan e que a previsión municipal é poder presentalo ante o IGVS antes de que remate o verán, de modo que quedaría listo para a súa aprobación por parte do Consello da Xunta este mesmo ano.

 

 

 

 

Heriberto García lembra que os propietarios de inmobles ou solares neste municipio teñen ata o 15 de xullo para presentar as súas ofertas ao programa Rexurbe

 

 

 

 

Noutra orde de asuntos, Heriberto García e Enrique Cabaleiro falaron tamén sobre a última convocatoria do programa Rexurbe, publicada o pasado 8 de abril e que inclúe a Tui entre os municipios nos que se prevé a adquisición de inmobles para destinalos a vivenda protexida en réxime de alugueiro.

 

Tras lembrar que o IGVS ten reservados este ano 200.000 euros para compras neste concello, o director xeral lembrou que os propietarios de edificios para rehabilitar ou de solares edificables en Tui teñen aínda ata o 15 de xullo para presentar as súas ofertas. Ao respecto, indicou que as persoas interesadas na venda dalgún inmoble da súa propiedade deben dirixir un escrito á dirección xeral do IGVS, axuntando a documentación que se indica na oferta publicada no DOG.

 

Cómpre lembrar que a Xunta xa é propietaria de 4 edificios en Tui —emprazados en San Telmo 44, Cuenca 18 e 42, e Bispo Castañón 20—, adquiridos no marco das convocatorias do programa Rexurbe de 2019 e 2021 por un importe total de máis de 300.000 euros.

 

Por último, o alcalde tamén lle trasladou ao representante da Xunta o seu interese por promover en Tui a declaración dun entorno residencial de rehabilitación protexida, o que lle permitiría acollerse ao novo programa de axudas á rehabilitación a nivel de barrio, que se convocará proximamente e estará financiado con fondos europeos do Next Generation.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.