Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 05 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos triplica as axudas para comedor e duplica as de material escolar

O orzamento municipal anual destinado a subvencións para comedor escolar ascende de 10.000 euros a 30.000 euros, de xeito que ningunha familia solicitante queda sen axuda

[Img #76665]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, informaron hoxe de que o Concello de Mos triplicou as axudas para escolares, tanto no que se refire a comedor como a material escolar. Apostando de xeito decidido polo apoio á conciliación da vida familiar e laboral dos pais, nais e familias mosenses.

 

As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, explicaron que o pasado mes de xuño sacouse desde a administración local mosense unha convocatoria extraordinaria para triplicar o orzamento municipal destinado ás axudas para comedor escolar, pasando a cantidade anual destinada a tal fin de 10.000 euros a 30.000 euros. Polo que dos solicitantes da axuda para a anterior convocatoria, cuxo prazo de solicitude xa rematou, todos contan con ela concedida.

 

A subvención concedida polo Concello neste senso é de 2 euros por menú de cada neno/a ao día.

 

Rexedora local e edil de Educación avanzaron tamén esta mañá que na vindeira convocatoria para estas axudas, cuxo prazo de inscrición abrirase o vindeiro mes de setembro, manterase a mesma contía orzamentaria destinada a tal fin co obxectivo de poder seguir concedendo a subvención a todas as familias demandantes.

 

En canto ás axudas municipais para a adquisición de material escolar xestionadas pola concellería mosense de Política Social, tamén se duplicou o orzamento anual destinado a tal fin, pasando de 5.000 euros a 10.000 euros.

 

De cara ao próximo curso 2022-2023, as axudas para a adquisición de material escolar e uso de comedor escolar, serán publicadas ao longo do mes de xullo no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), para facilitar a presentación da documentación relativa á compra de material escolar antes do inicio do próximo curso escolar.

 

Para o vindeiro curso, ao igual que no caso das subvencións para comedor, manterase o importe multiplicado destinado ás axudas para a adquisición de material escolar. Pasando, como xa se dixo, dos 5.000 aos 10.000 euros, para poder chegar ao maior número de familias.

 

Novidade no método de pago das axudas para comedor

Os pagos das axudas para comedor escolar incluirán o vindeiro curso unha nova forma de pago trimestral. Os abonos das sunvencións faranse cada tres meses, sendo o primeiro en decembro (para os meses de setembro, outubro e novembro), marzo (para os meses de decembro, xaneiro e febreiro) e xullo (para os meses de marzo, abril, maio e xuño). O prazo de presentación das solicitudes estará aberto dende o día seguinte á publicación no BOPPO ata o 30 de setembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.