VIGO
A ruta marítima “Cabaleiro das Cunchas” confluirá coa Iacobus Maris na Ría de Vigo
A delegada territorial de Xunta en Vigo presentou a nova edición da cita náutica na que participarán unha vintena de embarcacións para unirse o 22 de xullo aos navíos procedentes do Mediterráneo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou a semana pasada a XII edición da Ruta Marítima “Cabaleiro das Cunchas” Xacobeo 21-22 na que tomarán parte, a partir do próximo día 15 e ata o 23 de xullo, unha vintena de embarcacións españolas e portuguesas.
A tradicional frota que percorre a costa atlántica entre Vigo e Portugal unirase nesta edición á Ruta Iacobus Maris, que ten previsto entrar na ría viguesa o 22 de xullo. Todas as embarcacións realizarán unha grande parada naval diante das Cíes momentos antes de entrar a porto.
“Imos ter un espectáculo único coa unión destas dúas grandes rutas que reflicten fielmente o espírito que compartimos, o da ilusión por vivir a cultura xacobea”, sinalou Marta Fernández-Tapias.
“Imos ter un espectáculo único coa unión destas dúas grandes rutas que reflicten fielmente o espírito que compartimos, o da ilusión por vivir a cultura xacobea”, sinalou Marta Fernández-Tapias
No acto de presentación, xunto a Javier Grande, presidente da Asociación de Amigos da Ruta Marítima do Apóstolo Santiago a Galicia, e o presidente do Liceo Marítimo de Bouzas, Miguel Pereira, a representante autonómica salientou a importancia desta travesía náutica de preto de 300 millas na difusión da tradición marítima xacobea.
Por duodécimo ano consecutivo a Ruta Marítima “Cabaleiro das Cunchas” celébrase esta travesía marítima xacobea que rememora o último tramo da translación dos restos do Apóstolo Santiago por mar (Traslatio) segundo conta a lenda.
Celebrarase entre o 15 e o 23 de xullo mediante a práctica da navegación en conserva, non competitiva, tendo como obxectivo unha navegación en varias etapas recalando en varios portos da costa portuguesa e a ría de Vigo.
Así, acompañará aos grandes veleiros da ruta Iacobus Maris, desde Portugal ata a chegada a Vigo, de forma que se unirá o día 18 en Aveiro aos barcos procedentes do Mediterranéo e todos participarán na parada naval do día 22 na ría de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175