O PORRIÑO
O Porriño suprime a taxa por matrimonio civil
El Concello ha derogado la ordenanza fiscal que estipulaba una tasa de 100 euros
Casarse no Porriño é gratis. O Concello vén de acordar a supresión da taxa pola prestación deste servizo estipulada na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de matrimonio civil do Concello do Porriño”.
A mesma, en vigor dende o ano 2012, estipulaba unha taxa de 100 euros. Os cambios producidos nos últimos tempos coa crise económica derivada da pandemia, o aumento da inflación co incremento de prezos de electricidade e combustible e a incertidume económica que atravesamos neste momento fan necesario, según explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “alixerar na medida do posible as cargas sobre a veciñanza”, quen destacou que “no ano 2021 tramitáronse neste concello 17 expedientes de matrimonio civil, que supuxeron uns ingresos de 1.700 euros. Non falamos de cifras que poidan provocar un desaxuste orzamentario e para moitas persoas é importante poder casarse no seu concello. Ao igual que noutros é gratuito, no Porriño debía selo tamén”.
Con tal motivo, o Goberno Municipal propuxo a supresión da taxa pola actividade administrativa iniciada e desenvolvida pola prestación de matrimonio civil e a derogación da ordenanza fiscal que a regula, obtendo o respaldo do pleno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11