VIGO
Pequestrelas Xacobeo 21-22 elixe este sábado aos gañadores
Os 28 seleccionados nas audicións previas terán que afanarse ao máximo para convencer ao xurado coas súas propostas, nas categorías parella, individual e grupal
Pequestrelas Xacobeo 21-22 elixirá este sábado aos gañadores do concurso de talentos vigués nunha gala final aberta a público que se celebrará nos exteriores da Delegación Territorial de Vigo e onde os 28 finalistas terán a oportunidade de convencer ao xurado coas súas novas propostas.
As primeiras audicións do certame arrancaban o pasado 9 de xuño superando todas as expectativas previstas e con grande expectación entre os participantes e o público asistente. Tendo en conta o éxito das xornadas previas, nesta ocasión se espera tamén unha importante afluencia de xente.
Un certame que a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, definiu como “unha importante plataforma de impulso para os artistas emerxentes”, tal e como puido comprobar na súa asistencia aos castings, onde tivo oportunidade de coñecer as aspiracións dos participantes.
A representante autonómica destacou o “inmenso talento” dos vigueses e viguesas de entre 6 e 18 anos que tomaron parte nas probas, con máis de 500 inscritos nas distintas categorías; parella, individual e grupal. Entre eles, músicos, bailaríns e cantantes que optaron por diferentes estilos, desde a interpretación e o canto, ata o baile, o floclore ou maxia.
No acto deste sábado, que arrancará a partir das 19,00 horas, o xurado terá que fallar entre os 28 finalistas os mellores nas distintas disciplinas e, asemade, haberá unha mención especial ao “Mellor Cantante” e a “Mellor Actitude”.
En xogo, bolsas para cursar estudos musicais no Conservatorio Mayeusis, a gravación dun videoclip profesional, unha maqueta ou entradas para o Parque Warner de Madrid.
En canto ao xurado, nesta ocasión estará formado polo tenor Fausto López, a cantante Andrea Pousa, o gaiteiro Xulio Lorenzo, a presentadora de televisión Paola González e a rapera Aida Alonso. O completan o director de Mayeusis Vigo, Lucas Alonso, y la directora de Vigo Porté, Lorena López.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175