MOS
Augas de Galicia contratará o proxecto da parte exterior do saneamento de San Antoíño
O procedemento de contratación está moi avanzado
Representantes da Comunidade de Propietarios de San Antoíño xunto coa súa Administradora, reuníronse no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o técnico de administración xeral municipal e o xerente do Consorcio de Augas do Louro, Rufino Rodríguez.
O obxectivo da xuntanza foi informar aos Propietarios de San Antoíño de que se atopa moi avanzado o procedemento de contratación do proxecto da parte exterior do saneamento, que será adxudicado en breve por parte de Augas de Galicia para que, posteriormente, o Consorcio de Augas do Louro poida contratar e acometer a obra.
O Concello de Mos desenvolve neste proceso, iniciado fai uns meses, un papel mediador entre a Comunidade de Propietarios e o Consorcio de Augas do Louro para darlle solución á conexión á rede de saneamento para as vivendas da Urbanización de San Antoíño.
O Consorcio de Augas do Louro reuniuse esta mañá cos propietarios no Concello de Mos
A conexión ao colector xeral de saneamento, de instalación exterior, cuxo proxecto adxudicará Augas de Galicia de xeito inminente, será unha acometida provisional para, a posteriori, desenvolver a rede separativa interior para evitar verquidos indebidos. E así lograr unha solución definitiva ao servizo de saneamento en San Antoíño.
Este proceso asúmeno conxuntamente entre Consorcio e propietarios, actuando a administración local mosense como mediadora, en aras de axudar a que a instalación da parte final da rede de saneamento en San Antoíño, se contrate e execute o antes posible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184