Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 11 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos prepara aos seus escolares para o Certificado Trinity

A administración local inviste preto de 27.000 euros nun programa educativo de inglés que se imparte o vindeiro curso. O custe por alumno ascende a uns 315 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, e representantes das directivas dalgunhas das ANPAs dos 5 colexios públicos mosenses: CEIPs Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, Pena de Francia e Petelos, presentaron no Concello o Programa Municipal de Inglés curso 2022-2023 que se promove desde a administración local mosense.


O programa impartirase durante o vindeiro curso escolar, de setembro a maio, dentro das actividades extraescolares organizadas polas ANPAs que se realizan nos centros educativos. As clases terán lugar un día á semana (en horario de tarde), de luns a venres, en cada CEIP, xa que son 5 colexios. O curso finánciao ao 100% o Concello de Mos investindo un orzamento total de preto de 27.000 euros asumindo o custe total dos profesores.

Polo que as familias beneficiarias aforraranse por cada neno/a participante sobre 315 euros no curso escolar.


Durante o curso prepararase ao alumnado participante para a obtención do Certificado Trinity. Os exames Trinity son probas que outorgan títulos oficiais de inglés recoñecidos mundialmente mediante o Trinity College London.


O programa estructurarase dividindo ao alumnado en 3 ciclos: o primeiro ciclo agrupará aos cursos de 1º e 2º de Primaria, o segundo ciclo a 3º e 4º e o terceiro ciclo a 5º e 6º.


Tanto as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, como as membros das ANPAs mosenses destacaron durante a presentación “a importancia que o inglés ten para o futuro académico e laboral dos nosos nenos e mozos, é unha das claves para o éxito profesional e fundamental para desenvolverse en países do estranxeiro. É una ferramenta imprescindible para eles, da que queremos dotalos para que o futuro de Mos estea o mellor preparado posible”, declararon.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.