Domingo, 08 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Sábado, 16 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán ofrecerá durante todo o verán 'Ioga e meditación no Solpor'

O director e fundador do Centro Sananda en Vigo, pioneiro en España na práctica desta disciplina, realizará quincenalmente a partir deste martes 12 de Xullo unha clase maxistral gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar

A maxia da praia de Patos para acadar paz espiritual e física a través do Ioga. Con este obxectivo o Concello de Nigrán ofrecerá quincenalmente ás 20:30 horas na Praia de Patos 'Ioga e meditación no Solpor' a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo. O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse ás 17:30 horas no areal cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar. As próximas citas con 'Ioga e Meditación no Solpor' serán: 28 de Xullo e 9 e 30 de agosto no propio areal e sempre ás 20:30 horas para que coincida co sorprendente solpor de Patos.

 

 

 

 

O Concello aposta por esta actividade ás 20:30 horas en Patos para os días  28 de xullo e 9 e 30 de agosto ante o éxito do primeiro encontro celebrado en Maio neste areal

 

 

 

 

"O pasado mes de Maio realizamos esta actividade aproveitando a convivencia sobre 'Ioga e Meditación' na Residencia de Tempo Libre e tivo tanto éxito que non dubidamos en repetir porque ademais así nolo pediron os asistentes", explica o alcalde, Juan González, quen destaca "a marabillosa combinación do enclave coa propia actividade".

 

"Queremos de maneira desinteresada e altruista ofrecer este encontro na busca de maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda ao encontro”, invita Madhana Agulla, gran mestre acostumado a impartir cursos a nivel internacional e formado co profesor Rama Chandra Filosofía na India na Universidade Mysore.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.