Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 18 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O provedor de combustible do Concello de Salceda corta o suministro "por impago reiterado"

O Grupo Municipal Popular de Salceda de Caselas ven de manifestar unha vez máis a súa preocupación por como se está a xestionar os cartos públicos dos salcedenses e o non pago a provedores, unha reiteración no tempo que desta vez tocou teito. Nunca antes o Concello tivera que deixar de ir repostar por impago a gasolineira que hai no Concello. Según trasladan a opinión pública, a semana pasada Repsol notificou a sra. Alcaldesa que este luns se ía a proceder o peche de suministro dos vehículos do Concello por impago de facturas varios meses e de reiterado no tempos. Para o voceiro popular, Santiago Rodríguez Davila, esta situación "entristéceo, preocúpao e di que fai moito dano de credibilidade da institución municipal,  os salcedenses non nós merecemos esta imaxe de malos pagadores, cando a realidade e os únicos culpables son as persoas que conforman ese matrinonio de amor – odio de Psoe – Movemento Salceda, unha ruina para o noso pobo”.

 

Davila pregúntase “Como é posible non pagar o combustible que usan os vehículos municipais? De verdade que o goberno bipartito tendrá a pouca vergoña de voltar decir que teñen moitos cartos nas contas, cando a realidde é que cada ano non lle pagan a máis provedores”.

 

“Solicitaremos un pleno extraordinario e urxente para pedir explicacións, que aclaren a situación económica do Concello, cando lle debemos os provedores a esta altura do ano” sinalan dende o PP local engadindo que “o mínimo que deberían facer é pedir perdón, asumir responsabilidades con dimisións e baixarse un mínimo dun 25% o custe dese goberno, o máis caro da historia de Saldeda de Caselas”.

 

Ademáis, critican os populares, “fai unhas semanas xa tiveran o corte das liñas de telefonía por impago, agora o do combustible e xa sabemos que tamén están a non servirlles material de construcción” engadindo que “a Sra. Alcaldesa e o seu goberno, non se poden esconder detrás dos traballadores do Concello, non contándolle a verdade e estes ter que sufrir a negativa cando foron a repostar. Non se merecen esa situación, aquí alguén ten que asumir responsabilidades e dimitir”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.