Jueves, 07 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 22:37:41 horas

Xornal21.es
Jueves, 21 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación reparte 8.000 euros para dinamizar o galego no Val Miñor

A deputada María Ortega manifesta a súa satifacción pola alta participación do movemento asociativo para poñer en valor a lingua

Un total de 62 entidades sen ánimo de lucro veñen de ver aprobadas as axudas  do departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, , que neste ano ascenden a 120.000 euros, para realizar actividades de dinamización do galego na provincia de Pontevedra.

 

No caso do Val Miñor, a contía é de máis de 8.000 euros para o Centro Cultural e Social de Bahiña, para a conmemoración das Letras Galegas; para a asociación folclórorica Ardelume co fin de gravar un videoclip dedicado ás persoas emigrantes de Galiza; a asociación cultural San Vicente de Mañufe, para o VI certame literario Verbas Novas; e á Fundación Carlos Casares para a IV edición da itinerancia da exposición ‘Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares’.

 

Ademais,  recibiron as achegas provinciais na comarca de Pontevedra seis colectivos. No resto da provincia foron beneficiarias 22 entidades da comarca de Vigo, outras 11 da comarca do Morrazo, seis na comarca do Salnés, tres no Condado-Paradanta e sete no Deza; unha en comarca de Caldas, e catro no Baixo Miño.

 

A responsable provincial de Lingua, María Ortega, manifestou a súa satisfacción polo alta concorrencia e interese das entidades en fomentar actividades de dinamización lingüística, xa que dixo, “resultan cruciais para favorecer o coñecemento, posta en valor e uso da lingua galega por parte da cidadanía e en todos os ámbitos”.

 

Segundo Ortega, é importante que o tecido asociativo que está a carón da veciñanza, incremente a presenza do galego en todos os contextos “para desmontar os prexuízos e acabar con opinións belixerantes e demagóxicas sobre o galego que aínda permanecen nalgúns sectores”.


As bases destas axudas, que se conceden de maneira diferenciada ás dos concellos por terceiro ano consecutivo, incluíron certas modificacións para enfocar correctamente o obxectivo das axudas. Así, estableceuse que poden ser obxecto de financiamento accións de fomento da creación e difusión cultural en lingua galega (certames literarios e xornalísticos, creacións audiovisuais e literarias  e feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega), actividades relacionadas coa sociolingüística e toponimia (estudos e publicacións sobre sociolingüística ou xornadas e publicacións de recuperación da toponimia), iniciativas de fomento do emprego do galego no comercio e na industria (como xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega), recoñecementos e distincións (como actividades literarias, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego), obradoiros orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua entre a veciñanza ou producións de materiais en galego (documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais e recursos para o lecer, xogos en galego, páxinas web e outros) que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido.

 

Neste exercicio 2022 quedaron fóra das axudas provinciais doce entidades solicitantes, entre outros motivos por non seren posibles beneficiarias segundo os criterios fixados, por solicitar axudas para eventos non subvencionables, así como tamén por desestimento das solicitudes iniciais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.