GALICIA
A Xunta demanda de transferencia das compentencias de xestión do dominio público marítimo-terrestre
O presidente da Xunta mantivo un encontro con representantes da Confederación Mar-Industria Alimentaria
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo recentemente un encontro con representantes da Confederación Mar-Industria Alimentaria no que lles trasladou que o Executivo galego vai solicitar un informe independente ao Consello Consultivo de Galicia para reforzar a súa demanda ao Estado de transferencia inmediata das competencias de xestión do dominio público marítimo-terrestre en territorio galego.
Nesa xuntanza, na que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que os servizos xurídicos da comunidade entenden que se pode facer esa transferencia sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia. Por tanto, podería executarse vía decreto ou como lei orgánica.
A Xunta trasladou aos responsables da Confederación Mar-Industria Alimentaria o seu apoio na defensa dos intereses do sector do mar e a súa vontade de asumir as competencias o antes posible para xestionar o litoral en consonancia coa realidade galega. Nesta liña, incidiu en que Galicia non se entende sen o seu mar nin sen toda a actividade que se desenvolve ao seu arredor.
O presidente e as conselleiras censuraron a actitude do Goberno central desde o ano 2018 e a súa pretensión de eliminar calquera vestixio de presenza humana da costa sen avaliar as consecuencias que esas decisións poden ter na economía e na poboación das zonas costeiras.
O Executivo galego defende que esa cesión das competencias pode facerse sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia e encargou un ditame ao Consello Consultivo de Galicia para coñecer a súa opinión sobre esta cuestión
Eses plans, lembraron, comezaron tratando de modificar o regulamento xeral de Costas para erradicar calquera tipo de actividade na liña marítima e que, aínda que a contestación social obrigou a paralizalos, recuperounos “pola porta de atrás” coas modificacións introducidas na Lei de cambio climático, coa que limitou a duración máxima das concesións a 75 anos, “o que non só pon en risco a actividade das empresas do sector, senón que lles xera tamén inseguridade xurídica”.
Agora insiste nesa pretensión de deixar libre a costa co Plan Estratéxico do Litoral e coa modificación do regulamento xeral de Costas, aos que a Xunta vai presentar as correspondentes alegacións en base a argumentos sólidos e informes de impacto que permitan frear os plans do Executivo estatal. Non obstante, a Xunta lembra que unicamente a Administración galega pode facer alegacións ao Plan Estratéxico do Litoral, o que mostra o escurantismo co que está a actuar o Goberno central pois non quere participación do conxunto da cidadanía nin transparencia.
Por iso, a Xunta está a trasladar esta cuestión aos concellos do litoral e tamén ás entidades afectadas para que se rearmen e tratar de parar o proxecto do Goberno central “coa forza social, a acción política e a vía lexislativa”. Nesta liña, o Executivo galego cuestiona a xestión que se está a levar do litoral de Galicia a máis de 600 quilómetros da costa e reivindica a capacidade da comunidade para administrar de xeito sostible os seus recursos naturais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217