VIGO
O concello prohibe a representación da delegada da Xunta no torneo internacional feminino de tenis
O Goberno local de Abel Caballero deu indicacións expresas á Federación Galega de Tenis para impedir que a representante autonómica acudise á rolda de prensa convocada para anunciar a proba deportiva
O Concello de Vigo vetou este xoves a presenza da delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, na presentación do Torneo Internacional de Tenis Feminino que está previsto celebrarse nos xardíns do Pazo Quiñones de León, en Castrelos.
O Goberno local de Abel Caballero vetou a participación da responsable autonómica a través da entidade convocante, a Federación Galega de Tenis, que se dirixiu á Xunta para informarlle de que recibira indicacións expresas do Concello de Vigo para prohibir a asistencia de Marta Fernández-Tapias.
No seu intento de impedir a súa presenza e segundo a comunicación recibida na Delegación da Xunta en Vigo, o Goberno municipal sinala a través do ente federativo que a invitación ía dirixida “en exclusiva” ao secretario xeral para o Deporte Galego o un conselleiro.
A Xunta quere denunciar a falta de respecto institucional por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao prohibir a asistencia da representante do Goberno autonómico na cidade e lamenta que feitos similares se produzan de forma reiterada durante os actos públicos que se celebran a diario na cidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175