GALICIA
Os novos retos da UE e a súa repercusión en Galicia
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, explicou na reunión do Padroado da FGE as actuacións desenvolvidas pola entidade en 2021
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa (FGE), Jesús Gamallo, participou esta semana en Santiago de Compostela acompañado da directora da oficina en Bruxelas, Ana Ramos, na primeira reunión anual dos membros do goberno da FGE, na que se presentou a Memoria de actividades 2021 e a nova Guía de Financiamento Comunitario 2021-2027. Así mesmo, fíxose balance das actuacións que se están a levar a cabo neste ano e adiantáronse algunhas das que terán lugar no segundo semestre do ano.
O ano 2021 foi o inicio dun novo período financeiro comunitario e os programas de xestión directa como Horizonte Europa abriron as súas primeiras convocatorias no verán. A Fundación Galicia Europa organizou de forma excepcional cinco edicións do seu curso de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e, coa Xunta de Galicia, organizou nove encontros virtuais FGE | NextGeneration Galicia. En total, preto de 700 profesionais tiveron a ocasión de comprender mellor as políticas europeas e as ferramentas financeiras que as apoian grazas a estas dúas iniciativas. Tal e como explicou o director xeral, o principal obxectivo destas iniciativas foi o de preparar á sociedade galega de cara a este novo período de financiamento.
Nese senso, no encontro, Jesús Gamallo presentou a nova guía de financiamento comunitario 2021-2027, un documento exhaustivo e completo que recolle as principais liñas do programa Horizonte da Comisión Europea para o período 2021-2017. No documento explícanse os fondos comunitarios na práctica e inclúese un manual de elaboración de proxectos europeos. A guía está destinada a entidades públicas e privadas galegas que aspiran a obter financiamento comunitario para os seus proxectos e pretende ser un documento de referencia onde consultar as posibilidades que ofrece para as entidades galegas o novo marco financeiro. A guía é similar á xa publicada pola Fundación para o período 2014-2020 e pódese descargar da nova páxina web da FGE, ademais de consultar en liña as fichas resumo dos programas de financiamento comunitario.
Nas actividades organizadas o ano pasado participaron un total de 1.250 persoas, 450 delas en TecEuropa e 300 en EuroXuventude
A FGE fixo tamén especial fincapé no 2021 en explicar en Galicia a aposta da UE coa transición ecolóxica plasmada no Pacto Verde Europeo e apoiou á Xunta noutras áreas para facilitar e reforzar a participación galega nos asuntos comunitarios. Isto é, dende a posta en marcha da Nova Bauhaus Europea ata a participación no Corredor Atlántico, pasando pola presentación do Xacobeo 21-22 na capital comunitaria ou a explicación da Lei de Impulso Demográfico de Galicia.
O director xeral presentou tamén a nova páxina web corporativa da FGE, un novo portal más intuitivo e visual con seccións renovadas que permiten explicar mellor a actividade da FGE e a participación de Galicia nos asuntos comunitarios. A nova web conta con novos apartados como o de Análise FGE, no que se presentan informes sobre os expedientes máis importantes dende unha perspectiva galega que están agora a debate na Unión Europea, ou o de Axenda, que recolle os actos pasados e futuros sobre a participación galega nos asuntos comunitarios, e sobre grandes eventos de ámbito europeo. Ademais conta tamén cun apartado específico onde se recollen os artigos de colaboración coa Revista ECO.
Finalmente, Jesús Gamallo fixo un repaso ás cifras do pasado ano 2021 no que destacan a boa acollida das iniciativas organizadas pola FGE con 1.250 participantes nos eventos, 400 deles en TecEuropa e 300 nas actividades de EuroXuventude. Leváronse a cabo 17 reunións do Comité Europeo das Rexións con participación galega e preparou e asistiu en 9 reunións de alto nivel entre altos cargos da Xunta e as institucións europeas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217