VIGO
O goberno municipal acomete o estudo xeotécnico no solo da pista cuberta de skate de Navia
O alcalde informou da execución dos traballos que permitirán determinar as condicións e a capacidade do terreo para albergar o Indoor Park de Navia, que permitirá a práctica de skate, bmx, scooter e roller
O estudo xeotécnico do solo da parcela situada nas rúas Ufas e Poza Cabalo, ao carón do CEIP Rodríguez Castelao, inclúe sondaxes mecánicas, ensaios de resistencia do terreo e ensaios con descrición das características do subsolo. Unha vez coñecidas as condicións xeotécnicas do terreo “poderemos iniciar a construción”, avanzou Caballero, xa que os datos posibilitarán coñecer a capacidade portante do terreo.
Tal e como recolle o anteproxecto, o goberno de Vigo prevé a construción dunha pista de skate cuberta de 2.800 metros cadrados con zona rampla, que dispoñerá de ramplas e quarters desde o 1,60 aos 4 metros de altura, e con zona rúa. O Indoor Park Navia será un espazo para a práctica de deportes urbanos: skate, bmx, scooter e roller “con características que permitirán que os deportistas teña pista homologable coa competición olímpica”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.13