Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 29 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Castelo de Dona Urraca fai balance despois de tres meses co seu novo horario

O Castelo de Dona Urraca ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

 

Ademais, este espazo de divulgación vitivinícola vese complementado coa inclusión do Punto de Información Turística no interior do Castelo de Dona Urraca, xa que son moitas as demandas de información que o municipio de Salvaterra de Miño recibe acerca dos seus senlleiros recursos turísticos.

 

Case novecentas persoas visitaron, dende o mes de abril, o espazo arquitectónico máis representativo de Salvaterra de Miño, o Castelo de Dona Urraca.

 

As visitas ó Castelo de Dona Urraca xa poden ser audioguiadas e realízanse mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil. Un sistema que permite ó usuario non só coñecer de primeira man todos os contidos do museo senón tamén, obter información dos principais recursos turísticos do municipio.

 

O elevado volume de visitantes que se achegan ó Castelo de Dona Urraca reflicte o gran interese que o municipio esperta pola variedade e riqueza dos seus puntos turísticos.

 

O Castelo de Dona Urraca, que alberga o Museo da Ciencia do Viño e tamén o Punto de Información Turística, está aberto de mércores a domingo, no seguinte horario de atención ó público: de 11h a 14h e de 17h  a 19h.

Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas. 

 

As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: museocienciavino@concellodesalvaterra.org

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.