Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 22 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño lembra aos propietarios a obriga de manter limpas as fincas

En caso de incumprimento executarase a limpeza de maneira subsidiaria cargando os costes ao dono ou dona da finca xunto sancións económicas que van dende os 300 aos 6.000 euros

O Concello do Porriño fai un chamamento á responsabilidade dos propietarios de fincas e lémbralles a obrigatoriedade mantelas limpas de maleza e arborado prohibido que, en caso de incendio forestal, poden supoñer un perigo


A Lei de Prevención e Defensa de incendios forestais de Galicia establece que propietarios de todas as fincas teñen a obriga de mantelas en condicións de salubridade, seguridade e limpeza co fin de previr e evitar incendios, tendo que respectar unha distancia de seguridade de 50 m  libre de maleza, piñeiros, eucaliptos e todas aquelas especies que regula a normativa.


En caso de incumprimento o Concello do Porriño notificará e dará un prazo de 15 días para subsanar a situación e, de non facelo, executará forma subsidiaria con repercusión dos costes aos propietarios ou imposición de multas coercitivas reiteradas ata que se cumpra o ordenado, en contía de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución, sen perxuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.