PONTEAREAS
Dous axentes da Policía Local salvan a vida dun home que sufriu un paro cardíaco mentres conducía
A patrulla ía equipada cun equipo DESA de primeiros auxilios que permitiu estabilizar a persoa ata que foi atendido polos servizos médicos
Dous axentes da Policía Local do Porriño salvaron a vida dun varón de 80 anos, veciño do Porriño, que entrou en parada cardiorrespiratoria na tarde de onte.
Aconteceu na céntrica rúa Ramirás, cando o home circulaba no seu vehículo. Foi unha viandante a que alertou á Policía ao ver a unha persoa inconsciente no interior dun coche parado no medio da calzada.
A patrulla, equipada cun equipo DESA, desprazouse ao lugar e en tan só dous minutos estaban a prestar atención ao home. Ao chegar puideron comprobar que non respondía aos estímulos polo que procederon a realizar as maniobras de reanimación cardiopulmonar, utilizando o desfibrilador do coche patrulla ata que se estabilizou e foi atendido polos servizos médicos. Cabe destacar que os vehículos da Policía Local están equipados con equipos DESA de primeiros auxilios.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu aos axentes para agradecer o seu bo facer e o esencial labor que desempeñan. Un agradecemento que estes recibiron e quixeron facer extensivo aos/as cidadáns/as que colaboraron a atender a esta persoa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11