Jueves, 07 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 22:37:41 horas

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra traslada a súa solidariedade ás persoas afectadas polos incendios

Medios e persoal do Consorcio Provincial sumáronse desde a fin de semana ao operativo que está a traballar nas zonas de Lugo e Ourense máis castigadas polo lume

A Deputación de Pontevedra trasladou o seu apoio e solidariedade coas persoas afectadas polos virulentos incendios que asolan diferentes zonas das provincias de Lugo e Ourense, así como cos efectivos que están a loitar contra o lume, que de momento non dá tregua, especialmente nas zonas do Folgoso no Courel e en Valdeorras.

 

A institución provincial desprazou xa desde a pasada fin de semana unha dotación de persoal e medios materiais á zona máis afectada de Folgoso, en Lugo, tras a chamada da Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia para solicitar a axuda, e mobilizou un operativo do Consorcio Provincial Contra Incendios para desprazarse ao Courel onde seguen a traballar a día de hoxe.

 

En concreto, o Consorcio trasladou á zona asignada do núcleo de Folgoso dous camións nodriza e un BRP (Bomba Rural Pesada) con efectivos do Parque Contra Incendios de Ribadumia, unha vez reorganizado o servizo especialmente co Parque de Vilagarcía, que está na mesma isocrona, para dar cobertura ao territorio no caso de rexistrarse algunha incidencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.