REDONDELA
O Goberno local fiscaliza a actuación da empresa concesionaria do SAF
A alcaldesa Digna Rivas subliña que as reunións que mantén coa empresa e os informes diarios que recibe teñen a finalidade de “comprobar en tempo real a eficacia do servizo”
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou que o Goberno local mantén unha “continua labor de fiscalización” sobre a empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar para comprobar que “en todo momento cumpra coas condicións establecidas no prego de condicións polo que se rexeu a contratación do servizo.
As reunións coa empresa e os informes que recibe diariamente van encamiñados tamén a comprobar que a empresa cumpre “as condicións laborais das auxiliares no fogar” que para Digna Rivas “son as profesionais máis imprescindibles do servizo” e que as veces “non reciben o recoñecemento que merecen”.
A rexedora local remitiu unha carta ás persoas usuarias nas que subliña que o Concello, “dende o minuto un” está ao tanto das posibles incidencias que se producen no servizo para “darlles solución inmediata e que non afecten á calidade do servizo nin as persoas usuarias do mesmo”. “Esta alcaldesa non se limita a tomar nota das posibles incidencias, senón que actúa en consecuencia para garantir, en todo momento, a prestación dun servizo en condicións”, afirma rotunda Digna Rivas.
Amais de ter esixido documentación da alta laboral das traballadoras na Tesourería da Seguridade Social, o Goberno local ten en marcha outras accións dirixidas reducir “o cambio constante de auxiliares que se está a facer nas familias” e do mesmo xeito desenvolve accións continuadas “de cara a asegurarnos do cumprimento da totalidade do horario das auxiliares e evitar os posibles atrasos na chegada aos domicilios”.
Precisamente neste punto Digna Rivas solicitou á empresa que “o traballo se realice por zonas xeográficas para evitar, na medida do posible, os desprazamentos”.
A alcaldesa de Redondela lembra que o Goberno que preside “ten a obriga de velar polo cumprimento estrito do prego de condicións establecido na contratación e da fiscalización continua da prestación do servizo en condicións óptimas”. “A empresa ten que prestar un servizo acordado e nas condicións estipuladas e o Concello e esta alcaldesa velan, día a día, porque se faga de xeito satisfactorio para os usuarios e usuarias”, conclúe a rexedora local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148