Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 23 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño clausura o obradoiro de emprego no que se formou unha vintena de persoas

Foron nove meses de actividade nos que os vinte alumnos/as traballadores/as aprenderon un oficio á vez que acometían importantes melloras no municipio

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, participou esta semana no acto de clausura do Obradoiro de Emprego “Porriño Labora” promovido polo Concello do Porriño a través dunha subvención da Xunta de Galicia.


Foron nove meses de actividade nos que os vinte alumnos/as aprenderon un oficio e acometeron importantes obras de mellora no municipio. O obradoiro –dirixido a persoas desempregadas- organizábase en dúas especialidades: dez alumnos formáronse no de albanelería, fontanería e climatización e outra decena o fixo no de carpintería.


“O emprego é un eixo fundamental da nosa acción de goberno. Seguiremos apostando por mellorar a empregabilidade da veciñanza que se atopa en situación de desemprego e facilitar a súa inserción laboral”, explicou o rexedor, “Este modelo formativo permite que estas persoas se formen e incrementen as súas oportunidades de inserción en sectores con demanda mentres reciben unha remuneración polo seu traballo e, á vez, contribúen ao ben colectivo con obras públicas e accións a través das prácticas”.


No mesmo sentido se expresou a concelleira que destacou a eficacia deste modelo de formación e a implicación dos alumnos e alumnas no transcurso do mesmo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.