O PORRIÑO
Comezan os traballos de renovación do pavimento do parque da Urbanización Sol
Instalarase un pavimento de céspede artificial con base elástica de polietileno que cumpre coa normativa anticaídas
Esta semana deron comezo os traballos de renovación do pavimento dunha das zonas de xogo do parque da céntrica urbanización Sol. O pavimento deste parque infantil atopábase nun estado de conservación moi deficiente, o que facía que os cativos que xogan nel caíran e dificultaba o seu uso.
Este pavimento de caucho foi instalado hai tempo polo que se produciron mermas nos tamaños das losetas e fendas entre elas, polo que incumpría co fin polo que foi instalado de protección ante as caídas dos pequenos.
“Instalarase un pavimento de céspede artificial con base elástica de polietileno reticulado que cumpre coa norma relativa aos sistemas de protección anticaídas”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O rexedor incidiu en que a renovación e reforma das áreas de xogo infantís, non só do centro urbano, senón tamén das parroquias é unha prioridade para o seu goberno. “Atópanse nun estado impracticable en moitos casos e son perfectamente consciente de que non están á altura dos nosos nenos e nenas. Por iso non pararemos ata arreglar os 38 parques infantís que temos no noso municipio”, insistiu o alcalde, “Preparamos unha licitación para o seu mantemento e buscamos financiación para renovar o mobiliario de moitos deles, pero traballamos cun orzamento prorrogado que non nos permite facer inversións neste área. Iso non nos vai parar. Tedes o meu compromiso”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11