Vigo
Os bolechas, no Museo do Mar de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta semana na presentación do libro Os bolechas, no Museo do Mar de Galicia, editado co apoio da Xunta de Galicia e co selo da Editorial Bolanda. O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sinalou este volume como “unha oportunidade para que os máis pequenos se embarquen dun xeito lúdico e didáctico no coñecemento da actividade mariñeira, de vital relevancia económica e social non só para a cidade de Vigo, senón tamén para o conxunto da Comunidade”.
No acto de presentación, que se desenvolveu no centro museístico, os Bolechas estiveron acompañados por numerosos nenos desexosos por descubrir o mundo do mar e os tesouros que a propia entidade agocha no seu interior. Así mesmo, participou a directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio.
Valéndose das pezas museísticas expostas, Os Bolechas desentrañan polo miúdo neste libro o universo do mar, navegando entre as profesións a el vinculadas, as tipoloxías de embarcacións e aparellos existentes e as especies de animais mariños características de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.13